Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2019 | Actualizada ás 18:13
O Partido Popular de Galicia confirmou que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o número dous do partido, Miguel Tellado, acudirán á protesta en Madrid o domingo ante "a vontade de Pedro Sánchez de render España aos pés de Torra". Así o anunciou o PPdeG na rede social Twitter, nunha publicación de leste mesmo xoves na que avanza que "xunto a eles", esdtarán "centos de dirixentes e simpatizantes galegos".
En cambio, na manifestación non está prevista a presenza do presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, ao estar de viaxe oficial nos Estados Unidos. O líder galego ten previsto inaugurar o sábado unha exposición na illa de Ellis, Nova York, organizada polo Consello da Cultura Galega. Aterra en Galicia na madrugada do domingo ao luns. En todo caso, o Partido Popular de Galicia informou en Twitter que, a pesar disto, a formación estará representada en Madrid e "apoia plenamente unha manifestación que oxalá non tivese que realizarse". Conclúe a súa publicación co hastag #SanchezDimision.
AUTOBUSES DESDE AS CATRO PROVINCIAS GALEGAS
O Partido Popular fretará un autobús en cada unha das catro provincias galegas para asistir á manifestación do domingo 10, segundo confirmaron as direccións provinciais do PP na Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense. No caso da Coruña, as persoas que queiran participar poderán apuntarse chamando ao número de teléfono 981 223 742 ou acudindo á sede provincial en horario de 10,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00. O prezo por persoa será de 10 euros e a inscrición por rigorosa orde de chamada.
O autobús partirá o domingo ás 00,00 horas da praza de Ourense, rumbo á capital de España, de onde regresará ás 16,00 horas, tendo a súa hora de chegada á Coruña fixada sobre as 22,00 horas. Así mesmo, os populares tamén fixeron un chamamento para que os que non poidan participar na iniciativa se sumen á mobilización que o PP realizará ás 12,00 na praza de María Pita, fronte ao concello coruñés.
O Partido Popular da provincia de Lugo tamén porá un autobús que partirá á unha da madrugada do domingo da sede provincial, no número 14 da rúa Poeta Ramón Cabanillas. A hora de saída para o regreso está prevista para as catro da tarde desde a capital de España. Os interesados pódense anotar na sede provincial en horario de dez a dous e de cinco a oito, ou a través do teléfono 982 22 49 09. O prezo por persoa será tamén de 10 euros e a inscrición por orde de reserva. No caso de Ourense e de Pontevedra, o PP tamén confirmou a Europa Press que se fretará un autobús en cada unha das provincias para acudir á protesta, aínda que debido a que aínda se estaba xestionando anunciaranse as condicións en canto se peche.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.