Publicamos o vídeo censurado por Rajoy

O PP eliminou o vídeo de precampaña de Rajoy ao saltar a noticia de que incluía un mapa independentista, que mostra como galegas comarcas que son administrativamente asturianas e castelás. GC volve publicalo no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 23/09/2011 | Actualizada ás 01:07

Comparte esta noticia

noticia correou como a pólvora na tarde do xoves. Portada de Meneame, de Chuza, miles de comentarios nas redes sociais, etc.

None

Non era para menos. O candidato do PP a dirixir España presentábase nun vídeo no que víase perfectamente un mapa de Galicia con comarcas galegofalantes pero que hoxe son administrativamente Asturias e Castela e León. Incluso usaba o termo "Galiza" e a bandeira galega coa estrela vermella. Tres símbolos que o PP sempre considerou anticonstitucionais cando os usaron os nacionalistas.

Aproximadamente as once e media da noite o vídeo desapareceu da canle oficial do político pontevedrñes. Foi borrado polos responsábeis da campaña en internet do propio Rajoy:

GC, firme no seu compromiso coa información libre, súbeo de novo a súa propia canle do Youtube:

Entre os segundos 40 e 46 do vídeo titulado "Mariano Rajoy, quien es?" os conservadores usan un mapa de Galicia que inclúe como galegas varias comarcas da Comunidade Autónoma. É a chamada "Galiza Irredenta", comarcas que malia ser en gran medida galegofalantes pertencen administrativamente a Asturias e Castela e León como, por exemplo, O Bierzo.

None

Galiza e bandeira estreleira

É máis, na propaganda do PP español pode lerse claramente "Galiza" cando se fala das orixes do político pontevedrés. O PP galego atacou durisamente á Xunta na pasada lexislatura cando algúns departamentos gobernados polo BNG usaron este termo, correcto dende o punto de vista histórico segundo a Real Academia Galega ,pero politicamente de uso case exclusivo por parte do nacionalismo.

Incluso se aprecia unha bandeira coa estrela vermella, o símbolo que utlizan os nacionalistas galegos de esquerda e que os conservadores aconstuman a cualificar de "anticonstitucional".

As citadas imaxes poden verse á dereita deste texto.

Nós UP tira partido

O mapa utilizado polo equipo do PP foi editado polo partido independentista e comunista galego NóS-UP en 2005. Os independentistas destacaron hoxe o erro dos conservadores.

"A Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular toma nota da inclusom, por parte do vídeo eleitoral do Partido Popular, da definiçom das fronteiras nacionais e da bandeira da Galiza realizada pola esquerda independentista galega" di unha nota de NóS-UP, que en todo caso critica que o narrador use o termo "región" para definir ao país.

Imposible de censurar

A tal altura parece evidente que a estratexia do PP de tentar censurar o seu propio vídeo cos símbolos que considera anticonstitucionais fracasou. Ademais de na canle do GC, está en moitas outras canles do Youtube. Mesmo se pode descargar en alta calidade no Megaupload, informa  un usuario do portal de novas non xerárquicas Chuza.

En todo caso, a noticia do vídeo orixinal xa saltou a moitísimos medios. Velaquí unha lista dalgunhas noticias, lista publicada no citado portal:

elprogreso.galiciae.com/nova/116444.html
adn.es/politica/20110922/NWS-1756-Partido-Rajoy-independentista-agradel
publico.es/espana/397784/el-video-promocional-de-rajoy-utiliza-un-mapao
politica.elpais.com/politica/2011/09/22/actualidad/1316711435_299138.hl
europapress.es/nacional/noticia-video-promocional-rajoy-incluye-mapa-gl
lavanguardia.com/politica/20110922/54219526830/un-video-promocional-del
lavozdeasturias.es/politica/rajoy-su-video-promocion-mapa-independentil
telecinco.es/informativos/nacional/noticia/6929163/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

7 sWIxFkvAn

BzMCud , [url= http://btdhjuwlmhtq.com/]btdhjuwlmhtq[/url], [link= http://zqachhcmkymk.com/]zqachhcmkymk[/link], http://ufwnssmatieh.com/

6 AEbphdWuMCFTTIQINo

I bow down hmulby in the presence of such greatness.

5 uncalquera

Já fijo máis Marano Rajoi polo independentismo ca Nós-UP nos seus 10 anos de existência... antes non sabia nengum espanhol (e case nengum galego) da existência desse mapa,agora venderanos a centenares... Seica será a nova fichagem de Nós-UP para as europeias?

4 Senen

Pois tampouco é pa tanto..., eu pensei que sairia Marianiño enarbolando a bandeira da estrela co mapa da Galiza irredenta pegado por tras na parede, pero visto o video, case non se nota...

3 galegoexiliado

Xa mandou retiralo porque todolos políticos agochan o seu pasado. A extremadereita agocha o seu pasado franquista, os novos ricos da esquerda agochan o seu pasado comunista e marsista, e Rajoy, non iva a ser menos, ahora que cree vai gobernar o imperio, agocha o seu pasado radical e independentista. No afoto do cartaz tal semella O Ché do Albariño. Que tempos aqueles nos que pisabanos as ruas e non os iates.

1 Unquesabe

Sei que mas que iates, Mariano pisa os barcos do narcotráfico... http://www.youtube.com/watch?v=7q9T...