Bautista chama á "depuración" dos alcaldes críticos do BNG

"Sobra unto e falta cloro" di o histórico dirixente da UPG ante o manifesto dos alcaldes de EI e +Galiza, a quen lles espeta cualificativos como "farsantes" ou "disidentes".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/09/2011 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Dezaoito foron os alcaldes do BNG que este verán demandaron un cambio de rumbo na liña da fronte, dominada pola UPG, o partido con máis militantes. "Os dezaoito magníficos" chámase un durísimo artigo contra eles que publica Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital da UPG.

Alvárez nunca os nomea, pero é evidente que o obxectivo das súas críticas son os edís de Máis Galiza e Encontro Irmandiño (outro dous partidos dentro do BNG) que pediron publicamente que o BNG modernizase o seu discurso.

None

Ráchase a trégua?

Tal petición desatou unha espiral de críticas e contracríticas nos nacionalistas. Todos os colectivos do Bloque, por moi pequenos que fosen, tomaron posicións no debate ante unha Asemblea Nacional que decidirá a supervivencia do BNG e que parecía inminente.

Pouco despois ZP convocou eleccións e o Consello Nacional do Bloque, en consecuencia, adía a Asemblea até despois do 20N. As correntes chegaron ao pacto tácito de non alimentar máis a discusión pública. Mesmo Bieito Lobeira, deputado e militante da UPG, apelou publicamente ao "patriotismo" para non alimentar a liorta nos medios. Agora o artigo de Bautista Álvarez cuestiona esta tregua.

Os cualificativos do histórico líder da UPG aos alcaldes son dunha enorme virulencia. Lánzaos, iso si, mediante unha "parábola".

"Os que nunca foron nada"

"Antes no nacionalismo había esveltos lebreis e ningún caniche faldeiro. Dun tempo a esta parte apareceron os palleiros. Os que nunca foron nada e sentíronse alguén desde que lles puxeron na man un bastón. Ladran por fóra cando van en manda. Dálles pánico facelo dentro, nos órganos aos que pertencen e onde se dá o debate. Alí téñenlle medo ao caxato, a facer o ridículo, estes cerebros nos que priman sobre a substancia gris os niños de bubela", escribe no dixital que edita a Fundación que leva o seu nome. Unha das primeiras recriminacións da UPG aos alcaldes críticos é que deran o debate publicamente. Os alcaldes alegaron que tamén presentaron o seu manifesto nos órganos internos.

Pantallas xigantes para ver La Roja

Álvarez tamén acusa aos edís de falta de compromiso coa cultura. Por exemplo, critica que concellos nacionalistas gobernados polos asinantes do manifesto contrataran pantallas sigantes para seguir o trunfo no Mundial de "La Roja". "Comprobamos a bebedeira orgásmica dunhas masas narcotizadas polo campionato mundial de fútbol de hai un ano. E mentres nós, os seguidores dos vellos mitos, fixemos pedagoxía desalienante, outros actuaron de camelos do sistema, subministrando o opio en pantallas televisivas para que o pobo vivise colectivamente a orxía españolista".

"Mamá teta"

O histórico galeguista vai moito máis aló. Acúsaos de  "redentores adventicios estaban aínda na incubadora, ou balbucindo "mamá, teta", cando paramos a cota empresarial agraria", de ter unha "vea reaccionaria", de ser incapaces de analizar a sociedade galega, de non ler agás o Marca e o Tebeo, de ser "farsantes de comedia", "disidentes", etc.

Que alternativa propón Álvarez para superar este enfrontamento entre os que queren que o BNG siga preto da ortodoxia comunista e os que apostan por centralo? O veterano político non se anda polas ramas e fala claramente de "depuración" e critica a "indolencia" do aparato do Bloque, que o seu partido goberna democraticamente, cos críticos.

Chamada á depuración

"Hai un cousa na que estamos de acordo. Na necesidade de introducir reformas que restauren o prestixio do nacionalismo. Cunha diferenza. O que para eles é revisión, así de cru, para min significa rexeneración e depuración. Sobra unto e falta cloro".

En definitiva, un chamamento en toda regra a desfacerse dos que supostamente non comparten o compromiso coa revolución e a cultura galega.

Desta volta é imposible culpar da lea interna a unha conspiración mediática. É a propia UPG quen mostra que a supervivencia do Bloque como proxecto común do nacionalismo pode pender dun fío.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 179 comentarios

68 alejandro dadas

Os colexios do interior Galego poden quedar sen Cafetarías por obra e graza da consellería.Os rapaces cuxos pais e nais deixen a deber un patacón fóra do comedor.Pero haxámonos aqui falando dun pequeno artigo de opinión;que ó parecer condiciona o voto máis que os recortes que o PP está a facer.Sodes parvos ou que?

1 Manuel

Ningún dos que aquí fala lle vai votar ao PP do que xa coñecemos as súas virtudes (antigalegos, caciques, fascistas, ...), pero o conto de que iso vale de coartada para que a secta da UPG faga o que lle pete e teñamos que votarlles por decreto xa non cola. o dito ¡A UPG DA VERGOÑA ALLEA!

2 celso

Pobre alejandro, quere tapar o negocio e ponse a estirar a manta. Non neniño, aquí trátase de que o BNG actual non ten amaño. Apagalumes, non grazas!

67 En pé

Refundación.

66 En pé

Lin ese artigo paseniñamente, e ollei nel, unha falta total de tolerancia e xustiza. Para saber escoitar aos que disinten dos que se cren "os amos" do rebaño, hai que posuír HUMILDADE e SINXELEZA, e iso non ten o que escribiu.

65 En pé

Ao ler ese artigo paseniñamente, ollei nel, unha total falta de tolerancia e de xustiza. Para saber escoitar aos que disinten dos que se cren "os amos" do rebaño, hai que posuír HUMILDADE e SINXELEZA, e iso non o ten o que escribe.

64 Pedro Jeta Ramirez

Premicia de última hora!!!! os autistas contra Bautista. Debido das últimas declaracións de Bautista, Manolinho, Cranio, Merceditas,Corvo mouro e demais mariachi declaran que non pensan votar polo Bloque. O frente empeza a`perder apoios pola extrema dereita.

1 Manuel

Ben os derradeiros comentarios teñen razón, o homiño dixo o que pensaba e ninguén lle quita ese dereito. Pero despois desas declaracións propias dun réxime totalitario e obsoleto a ver se aínda or riba ímoslle ter que aplaudir coas orellas. A UPG e todos os seus membros dan pena, os que falan por dicir burradas e os que calan por cobardes. ¡DADES VERGOÑA ALLEA!