Bautista chama á "depuración" dos alcaldes críticos do BNG

"Sobra unto e falta cloro" di o histórico dirixente da UPG ante o manifesto dos alcaldes de EI e +Galiza, a quen lles espeta cualificativos como "farsantes" ou "disidentes".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/09/2011 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Dezaoito foron os alcaldes do BNG que este verán demandaron un cambio de rumbo na liña da fronte, dominada pola UPG, o partido con máis militantes. "Os dezaoito magníficos" chámase un durísimo artigo contra eles que publica Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital da UPG.

Alvárez nunca os nomea, pero é evidente que o obxectivo das súas críticas son os edís de Máis Galiza e Encontro Irmandiño (outro dous partidos dentro do BNG) que pediron publicamente que o BNG modernizase o seu discurso.

None

Ráchase a trégua?

Tal petición desatou unha espiral de críticas e contracríticas nos nacionalistas. Todos os colectivos do Bloque, por moi pequenos que fosen, tomaron posicións no debate ante unha Asemblea Nacional que decidirá a supervivencia do BNG e que parecía inminente.

Pouco despois ZP convocou eleccións e o Consello Nacional do Bloque, en consecuencia, adía a Asemblea até despois do 20N. As correntes chegaron ao pacto tácito de non alimentar máis a discusión pública. Mesmo Bieito Lobeira, deputado e militante da UPG, apelou publicamente ao "patriotismo" para non alimentar a liorta nos medios. Agora o artigo de Bautista Álvarez cuestiona esta tregua.

Os cualificativos do histórico líder da UPG aos alcaldes son dunha enorme virulencia. Lánzaos, iso si, mediante unha "parábola".

"Os que nunca foron nada"

"Antes no nacionalismo había esveltos lebreis e ningún caniche faldeiro. Dun tempo a esta parte apareceron os palleiros. Os que nunca foron nada e sentíronse alguén desde que lles puxeron na man un bastón. Ladran por fóra cando van en manda. Dálles pánico facelo dentro, nos órganos aos que pertencen e onde se dá o debate. Alí téñenlle medo ao caxato, a facer o ridículo, estes cerebros nos que priman sobre a substancia gris os niños de bubela", escribe no dixital que edita a Fundación que leva o seu nome. Unha das primeiras recriminacións da UPG aos alcaldes críticos é que deran o debate publicamente. Os alcaldes alegaron que tamén presentaron o seu manifesto nos órganos internos.

Pantallas xigantes para ver La Roja

Álvarez tamén acusa aos edís de falta de compromiso coa cultura. Por exemplo, critica que concellos nacionalistas gobernados polos asinantes do manifesto contrataran pantallas sigantes para seguir o trunfo no Mundial de "La Roja". "Comprobamos a bebedeira orgásmica dunhas masas narcotizadas polo campionato mundial de fútbol de hai un ano. E mentres nós, os seguidores dos vellos mitos, fixemos pedagoxía desalienante, outros actuaron de camelos do sistema, subministrando o opio en pantallas televisivas para que o pobo vivise colectivamente a orxía españolista".

"Mamá teta"

O histórico galeguista vai moito máis aló. Acúsaos de  "redentores adventicios estaban aínda na incubadora, ou balbucindo "mamá, teta", cando paramos a cota empresarial agraria", de ter unha "vea reaccionaria", de ser incapaces de analizar a sociedade galega, de non ler agás o Marca e o Tebeo, de ser "farsantes de comedia", "disidentes", etc.

Que alternativa propón Álvarez para superar este enfrontamento entre os que queren que o BNG siga preto da ortodoxia comunista e os que apostan por centralo? O veterano político non se anda polas ramas e fala claramente de "depuración" e critica a "indolencia" do aparato do Bloque, que o seu partido goberna democraticamente, cos críticos.

Chamada á depuración

"Hai un cousa na que estamos de acordo. Na necesidade de introducir reformas que restauren o prestixio do nacionalismo. Cunha diferenza. O que para eles é revisión, así de cru, para min significa rexeneración e depuración. Sobra unto e falta cloro".

En definitiva, un chamamento en toda regra a desfacerse dos que supostamente non comparten o compromiso coa revolución e a cultura galega.

Desta volta é imposible culpar da lea interna a unha conspiración mediática. É a propia UPG quen mostra que a supervivencia do Bloque como proxecto común do nacionalismo pode pender dun fío.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 179 comentarios

63 Comunista

Despois non enganamos decindo que queremos políticos honestos, o que queremos é políticos que nos enganen decindo o que desexamos que digan.

1 cienfuegos

Bautista ten todo o direito do mundo a ser lennista,o que non pode pretender e mandar a cadea os que non o son.No bng somos moitos os que reseitamos esta forma de facer.Os alcaldes o son por que os votaron os veciños ¿GAÑARIA EL NO SEU POBO? Os partidos comunistas son residuales no mundo temos que evitar co BNG se sume Xubilando a esta sente que ten perdido o tempo en que viven

62 Confusio

Di moito da tolerancia dunha suciedade, que independentemente da conformidade do expresado por un cibdadan se lhe crucifique por ter a valentia de decilo.

61 Dario Fo

Son comentarios propios dun bufón de Stalin.

60 aaaaaaaaaa

Mnetras Bautista Álvarez asina co seu nome, os covardes, os PPerros e os trols ladran desde o anonimato insultos e calumnias.

1 Manuel

ahhhhhhh, ¡queredes tomar represalias contra quen critica aos líderes supremos da revolución cacique-comunista da UPG?. Darei o meu nome completo cando non traballe no sector privado e mame a teta BNG, cando teña un cargo de responsabilidade, desa direi o meu nome, namentres confórmate con saber que son un militante de base do BNG, uns máis de milleiros fartos da secta. Por certo, aaaaaaaa é un nome ben fermoso e moi galego. ¡O dito dades pena!

59 galdo

Sempre dixen que os dirixentes no UPG non poden traballar ao par, o seu proyecto político ten de ser coma un carro dunha vaca soia e coma os poñas o arado vanse do rego de camiño