Feijóo cualifica de "chantaxe" a figura do relator no diálogo entre os gobernos español e catalán

Móstrase "agraviado, sorprendido e triste" ante unha decisión que ve "absolutamente impropia" e pide volver á "normalidade constitucional".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/02/2019 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que espera que o titular do Goberno central, o socialista Pedro Sánchez, "rectifique" de forma "inmediata" o que considera unha "fuxida cara a ningunha parte" ao aceptar a "chantaxe" de Cataluña coa figura do relator.

Feijóo en rolda de prensa. XUNTA
Feijóo en rolda de prensa. XUNTA | Fonte: Europa Press

En declaracións aos xornalistas durante a súa visita en Miami, Feijóo afirmou sentirse "agraviado, sorprendido, perplexo e triste". O que sente non é "só preocupación", segundo recalcou, "senón perplexidade, por que se poida estar en España discutindo sobre que ao Goberno central se lle ocorra aceptar as propostas dun goberno autonómico sobre a necesidade de establecer un relator para concretar as conversas entre o Goberno central e o goberno dunha comunidade autónoma".

"Parécenos algo difícil de entender, imposible de explicar e absolutamente impropio de xustificar", salientou o tamén líder do PP de Galicia.

Admitindo que é "evidente" que os gobernos "non son infalibles", considerou que o Goberno de España "debería rectificar de forma inmediata", ao asegurar que existe "non só" un "clamor" neste sentido en España, senón un "clamor internacional sobre o sorprendente que é que un goberno dunha nación, dun Estado, se someta ás condicións dunha parte dese Estado para falar de asuntos que afectan a todo o Estado".

Como "representante ordinario do Estado en Galicia", afirmou que non pode "aceptar en ningún caso que o presidente do Goberno central estea a negociar asuntos que afectan os galegos". "Os asuntos que afectan a Galicia e a súa integridade territorial dentro da nación española non hai ningún goberno en España que teña autorización nin constitucional nin parlamentaria, nin lexitimidade para negociar o que non lle corresponde", aseverou.

Por tanto, esperou que "de forma inmediata se deixe sen efecto esa fuxida cara a ningunha parte" e que "de forma inmediata se volva recuperar a normalidade constitucional".

"NUTRIDA REPRESENTACIÓN" DO PP

"Cónstame que hai unha nutrida representación do Partido Popular de Galicia que acudirá simplemente a pedir o cumprimento da legalidade, o cumprimento do Estado democrático, respecto e igualdade de todos os españois nesa manifestación convocada pola maioría das forzas políticas que vai ter lugar en Madrid ás 12 do próximo domingo", expuxo Núñez Feijóo.

"Non entendo como o presidente dun Goberno central se somente á chantaxe dun goberno autonómico que non pode condicionar os dereitos de todos", insistiu.

Por último, comentou que durante a súa visita estivo nunha canle de televisión onde "se falou diso, das absurdas negociacións entre o Goberno de España e un goberno autonómico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta