Aproveitanse do deterioro cognitivo dun ancián para roubarlle cartos no caixeiro

Axentes da Policía Nacional detivo a unha parella por estafar a un home de 80 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2019 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron o pasado día 6 de febreiro en Ourense a un home e unha muller como presuntos autores de delito de estafa xa que a muller aproveitaba a súa relación de amizade cun veciño de idade avanzada para subtraerlle diñeiro.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que motivaron a detención comezaron o 11 de outubro de 2018 cando se personou en dependencias policiais un home para presentar denuncia na que manifestou que se fixo cargo do seu avó e que este ten deterioración cognitiva. Segundo indicou, decatouse de que días antes había reintegros de diñeiro da súa conta de "cantidades excesivas", polo que pensaba que non era cousa do seu avó.

Por iso, axentes do Grupo de UDEV da Brigada Provincial de Policía Xudicial comezaron a investigación dos feitos e chegaron á conclusión de que tales reintegros realizados no caixeiro non foron feitos polo titular da conta bancaria.

"Unha veciña coa que tiña máis amizade nos últimos tempos aproveitouse da avanzada idade e da deterioración cognitiva do home para gañarse a súa amizade e acompañarlo nunha ocasión á entidade bancaria, sendo ela mesma a que lle fai a retirada de diñeiro no caixeiro de 20 euros e así saber o número pin da tarxeta", relatou a Policía.

O día posterior a esta retirada de efectivo, a parella da detida realizou un reintegro de 600 euros nun caixeiro automático e tres horas despois, e aproveitando que xa cambiara de data, fixo outro de 600 euros.

Na mañá do día 6 de febreiro axentes do Grupo de Investigación procederon á detención da parella presunta autora de delito de estafa, que foi trasladada a dependencias policiais para continuar coas xestións.

A detida é unha muller de 30 anos de idade natural de Alemaña e o arrestado é un home de 28 anos de idade, natural de Pontevedra. Ambos carecen de antecedentes anteriores. Os dous quedaron en liberdade en dependencias policiais esa mesma mañá.

Caixeiro
Caixeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta