Rueda considera que non se pode seguir "con esta inestabilidade " en referencia á manifestación en Madrid

O vicepresidente da Xunta declarou que Pedro Sánchez "cando foi investido tras unha moción de censura, o primeiro que dixo foi que ía convocar eleccións".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/02/2019 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, defendeu a súa presenza na protesta convocada o domingo en Madrid en contra do Goberno de Sánchez, porque, tanto na súa opinión como na da propia administración autonómica, "con esta inestabilidade non se pode seguir". Tras participar nun acto en Vigo, asegurou que o que opinan, el persoalmente e tamén a Xunta, é que "cun presidente cuxa única pretensión é a súa supervivencia persoal tampouco se pode seguir".

Despois pór en valor a "estabilidade" que hai en Galicia, que "é todo o contrario ao que hai en España", asegurou que Pedro Sánchez demostrou que "está para resistir custe o que custe e é unha resistencia persoal". "Pero outra cousa é o que lle conveña ao país, e cada vez máis estamos a ver que así non podemos seguir", remarcou.

Rueda incidiu en que Pedro Sánchez, "cando foi investido tras unha moción de censura, o primeiro que dixo é que ía convocar eleccións", pero, con todo, "leva moito tempo incumprindo a súa promesa". Á protesta do domingo en Madrid asistirá el persoalmente, xunto con outros membros do PP, así como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cuxa "intención é adiantar a axenda --está de viaxe institucional en Estados Unidos-- para poder estar o domingo na manifestación en Madrid".

Alfonso Rueda, en Vigo, durante o acto da Festa Anual da Avogacía. XUNTA DE GALICIA
Alfonso Rueda, en Vigo, durante o acto da Festa Anual da Avogacía. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta