Temas: PAC SERGAS FOLGA

Traballadores dos PAC consideran "insuficiente" a proposta do Sergas

Critican que "dos once puntos solicitados soamente se tratan cinco".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2019 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) da Coruña cualificaron como "insuficiente" o borrador da proposta presentada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao comité de folga o pasado martes.

Protesta de persoal dos PAC fronte ao Parlamento de Galicia.
Protesta de persoal dos PAC fronte ao Parlamento de Galicia.

Despois de reunirse nunha asemblea co resto de áreas de Galicia, a plataforma PACs en pé de guerra da Coruña emitiu un comunicado no que, en cinco puntos, manifesta a súa desconformidade coa proposta e critica ao Sergas pola "présa por pechar a negociación" despois dun "ano sen tentar buscar solucións".

Neste sentido, censurou que trate de "pechar a negociación nunha mesa sectorial" en lugar de "pechar un acordo co comité de folga, onde están presentes os traballadores".

Os traballadores explican que a oferta lles parece "do todo insuficiente" xa que "dos once puntos solicitados soamente se tratan cinco".

Ademais, destacan que "en canto ao cómputo da xornada segue sen ser garantida a neutralidade en todos os permisos, só se parchean os de 3 a 5 días". Os traballadores dos PAC piden "a neutralidade en igualdade de condicións ao resto de traballadores".

Tamén consideraron "inconcibible" que non se fale de "prazos para implementar equipos completos" e tacharon de "falta de respecto" que "non estea concedido o 20 por cento dos complementos de festividade e nocturnidade".

Por último, expresaron o seu desexo de que "á mesa sectorial do próximo mércores 13 vaian cunha proposta con redacción clara e acorde ao once puntos".

Insisten no seu chamamento ás organizacións sindicais para que "manteñan o seu compromiso de informar e acatar as decisións da asemblea antes de asinar calquera acordo".

Temas: PAC SERGAS FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta