Elfos, dragóns e meigas tomarán Santiago da man de Sentinel Wardrobe

Sentinel wardrobs, creadores do evento star wars no ano 2010 e de Uchronie na pasada primaveira inspirada en julio verne xa teñen proposta para o 2012: SACRED PEAK

Por Manel Pardo | Santiago | 26/09/2011 | Actualizada ás 00:02

Comparte esta noticia

As sete deste domingo, e por medio de un evento retransmitido en directo via web, os responsables de Sentinel Wardrobe presentaron a sua proposta para o 2012 no que se cumpre o 25 aniversario de “la princesa prometida” e o 30 aniversario de “Conan el Barbaro”.

None

Por iso, a proposta é lembrar o cinema épico dos anos 80, en palabras de Minina de Chesire: "os proponemos llenar Santiago de orcos, elfos, dragones, brujas, magos, espadachines, unicornios...”. A proposta únese coas lendas que envolven o Pico sacro xa que, segundo o Codice Calixtinus, os discípulos que trouxeron a Santiago topáronse alí cunha besta que explotou cando Atanasio fixo a sinal da cruz saindo do interior do animal crias de dragón.

Proposta imaxinativa

Sentinel Wardrobe non amosa toda a historia pero si avanza que alí morreu o pai de Iñigo Montoya, este personaxe do filme “la princesa prometida” que se fixo famoso pola frase “hola, mi nombre es Iñigo Montoya. Tu mataste a mi padre, preparate a morir”. Os organizadores desenvolverán o evento con esas duas bases, a lenda e o aniversario das duas películas.

Unha proposta orixinal para o 2012 que demostra que en moitos casos so fai falla imaxinación para desenvolver ideas orixinais coas que dinamizar una cidade.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Lucia González

Unha pena que xa non se siga facendo esta congregación. Eu son unha amante de todo o fantasioso e máxico. Todo o que sexan: bruxas, unicornios , gnomos ou elfos encantanme e encatanraiame participar en algo así disfrazada para a ocasión.

1 Alexandra

Espero que en 2016 también haya esa congregación de meigas y de mundo paranormal. Estuve en esa edición y me encantó !