O BNG defende que a súa coalición con Bildu e ERC representa "loita pola democracia"

Ana Miranda asegura que a alianza destes partidos representa valores de esquerda, antifascismo e dereito a decidir dos pobos.

Por Europa Press / Redacción | Barcelona | 09/02/2019 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

A cabeza de lista do BNG nas eleccións europeas, Ana Miranda, asegurou este sábado que a coalición con EH Bildu e ERC para estes comicios representa a "loita pola democracia" e valores de esquerda, antifascismo e dereito a decidir dos pobos galego, vasco e catalán.

Ana Miranda, eurodeputada do BNG, na presentación de Agora repúblicas en Bar. BNG
Ana Miranda, eurodeputada do BNG, na presentación de Agora repúblicas en Bar. BNG | Fonte: Europa Press

No acto de presentación da candidatura conxunta —encabezada polo líder republicano encarcerado Oriol Junqueras— en Barcelona, declarou que España é os seus pobos, e non só o "trifachito" dos líderes do PP, de Ciudadanos e de Vox, Pablo Casado, Albert Rivera e Vox, Santiago Abascal.

E Miranda fixo referencia ao PSOE acusándooo de "desconvocar o diálogo" tras a convocatoria de manifestación organizada pola dereita en Madrid.

"DESVERGOÑA" DE VOX

Sobre Vox, criticou a "desvergoña de dicir que o independentismo en Catalunña espertou o fascismo", e dixo que non se espertou, senón que non morrera nunca.

Ademais, subliñou que a coalición europea presentada este sábado é feminista porque non calará "fronte ao machismo e fronte ás mandas", e apostou pola solidariedade na UE fronte ao que cualificou de Europa fortaleza.

Tras resaltar que 'Agora Repúblicas' é a alternativa da esquerda fronte ao "fascismo e a represión", a eurodeputada galega afirmou que é unha coalición feminista desde a que loitar contra partidos que abren a porta ao racismo, á xenofobia e ao recorte dos dereitos das mulleres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pois que llo conte a outra que a crea... Nin Oriol Junqueras é muller nin feminista, nin os galemos temos que aupar a un independentista catalán ao que Galicia lle importa NADA! Estamos fartos de ir de comparsas na procesión!