As Mareas perden forza, PSOE e BNG recuperan terreo e a ultradereita rouba votos ao PP

Unha enquisa de Sondaxe consolida o liderado de Abel Caballero (PSdeG) en Vigo e de Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) en Pontevedra. As mareas poderían conservar Santiago e A Coruña con pactos, pero perderían Ferrol. Vox irrompería en Compostela e Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2019 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

As eleccións municipais do 26 de maio consolidarían o liderado de Abel Caballero (PSdeG) en Vigo e de Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) en Pontevedra, pero xeraría escenarios incertos no resto, ante a leve baixada das Mareas e a posibilidade de que o PP recupere Ferrol, e con socialistas e nacionalistas consolidando e mellorando levemente resultados na maior parte das corporacións.

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas.
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas.

Segundo a enquisa de Sondaxe para La Voz publicada este domingo e recollida por Europa Press, na Coruña, Santiago e Ferrol as Mareas, que actualmente gobernan sufrirían un leve revés, transformado nunha baixada de concelleiras, que podería deixar diferentes consecuencias.

En Santiago, Martiño Noriega, de Compostela Aberta, caería de 10 a 8, aínda que podería manter a alcaldía ante hipotéticos apoios ou pactos con forzas de esquerdas, ao conseguir o PSOE un máis, 5 edís e o BNG os dous actuais. O PP baixaría un representante ata o 8 pero, en cambio, irrompería a formación Vox con 2 edís.

Unha situación similar produciríase na Coruña, onde o rexedor de Marea Atlántica Xulio Ferreiro tamén sufriría o desgaste da lexislatura e perdería tres concelleiros —quedaría con 7—-, a mesma cifra que obtería, cunha leve suba, o PSOE. As dúbidas quedarían, por tanto, ante a loita pola alcaldía nun suposto empate. O PP tampouco rendibiliza a baixada da Marea coruñesa e baixaría de 10 a 9 concelleiros. Ciudadanos obtería dous.

O mapa máis complexo de todas as cidades volvería estar en Ourense, a única cidade galega con alcalde do PP a día de hoxe e que se deixaría un representante nas urnas de maio, ata quedar con 9. Democracia Ourensá baixaría ata os 6 concelleiros e o PSOE subiría un edil (7), mentres que Ourense en Común manteríase (3) e irrompería Ciudadanos con 2. Unha corporación que podería repetir así o complicado goberno en minoría do PP, se non se confirman pactos.

En Lugo, a actual alcaldesa socialista, Lara Méndez, subiría un concelleiro e pasaría do oito actuais a nove, pero necesitaría recorrer a Lugo Novo (baixaría de 3 a 2) e ao BNG, que subiría de dous a 3, nunha corporación na que descende o PP (de 9 a 8) e na que irrompería Vox cun concelleiro. Ciudadanos sumaríase de novo á corporación mantendo os seus dous representantes.

Ferrol podería ser a única cidade que recuperase o PP, co ex-alcalde José Manuel Rei Varela optando á alcaldía. Aínda que subiría ata os 12 concelleiros, quedaría a un da maioría absoluta, pero se Ciudadanos repite cun representante podería alcanzar a alcaldía. Aínda así, sería cunha marxe moi estreita, porque a baixada dun concelleiro de Ferrol en Común (a 5) igualaríao co PSOE (5) e co BNG (2) deixaría ás forzas de esquerdas en 12.

CABALLERO E LORES, OS GRANDES GAÑADORES 

Abel Caballero (PSOE) e Miguel Anxo Fernández Lores non só manterían as súas alcaldías, senón que mesmo incrementarían os seus resultados.

No caso de Vigo, o rexedor socialista obtería un concelleiro máis, ata situarse en 18, deixando ao PP con 5, á Marea de Vigo en 3 e o BNG en 2. Esta é a única cidade galega onde non terían representación nin Ciudadanos nin Vox.

Unha situación similar rexistraríase en Pontevedra, con Lores, tras 20 anos de alcalde, obtendo 13 concelleiros, un máis, ante a baixada a 5 do PP, primeira forza da oposición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Xose Antonio

Agradezo a información. A dificultade de facer enquisas electorais agora é máxima, dada a volatilidade do voto pola sobreinformación e pola manipulación das mensaxes deses partidos políticos que queren chegar aos gobernos a toda costa, enganando ao electorado, e que maioritariamente coincide cos partidos de dereitas ou socialdemócratas, dado que representan cuantitativamente a pouca xente pero teňen que mentir e terxiversar no seu discurso para obter o voto da xente humilde, contra a que van gobernar se son maioritarios nas cámaras de representantes.

3 Guillerme Gintonic

O BNGuai segue sendo marxinal e non é alternativa en ningures

2 Cruña

Me parece que aquí el susto de algunos en mayo va a ser bastante más grande que el de los socialistas en Andalucía. Los actos de Vox en Galicia son cada día más multitudinarios

1 Gamela

Nas enquisas non se fala de Vigo. Existe un Vigo Real que non ten nada que ver coas enquisas... Existe outro Vigo Horribilis que ninguén quere ver a pesares de telo diante dos ollos nestes 12 anos de falabarato e beirarrúas de granito! Sempre podemos facer memoria: https://i.gal/gamelaVD

1 Zaskas como panes

A Parla, vai para Parla, a m..... e leva contigo ao pallaso de Cs antes no PP e agora no Vox.