Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/02/2019 | Actualizada ás 21:30
Mentres milleiros de cidadáns se manifestaban este domingo en Santiago de Compostela contra os "recortes" sanitarios, a "precarización" e o impulso á "privatización" por parte do goberno do PP na Xunta, o Partido Popular de Galicia, co presidente Alberto Núñez Feijóo á cabeza, manifestábase en Madrid contra o Goberno de Pedro Sánchez polas negociacións co Govern catalán, canda o partido ultradereitista Vox e grupos falanxistas e neonazis (Falange Española de las Jons, Hogar Social e España 2000 sumáronse a esta protesta convocada por PP, Ciudadanos e o partido de ultradereita Vox).
O propio Feijóo xustificaba así a súa presenza en Madrid, a golpe de chío en Twitter desde a Plaza de Colón da capital do Reino de España: "La Constitución consagra la igualdad entre personas y comunidades. Cuando un Gobierno vulnera este principio, la España que no se resigna sale a la calle a defenderlo".
Ao ser preguntado en Madrid se se sentiu incómodo con Vox, Falanxe ou España 2000 nesta manifestación, Feijóo sinalou que el acudiu a manifestarse co PP e engadiu que "todos aqueles que defenden e aceptan a Constitución e a convivencia son benvidos" a esta convocatoria.
Este feito non pasou inadvertido para moita xente e partidos políticos, que expresaron nas redes sociais e nas rúas de Compostela as súas críticas a Feijóo por aliarse coa extrema dereita en Madrid.
Co cántico 'Coa lea que hai aquí, Feijóo está en Madrid', os manifestantes en Santiago de Compostela criticaron a presenza do presidente da Xunta na protesta de Colón en Madrid, contra a que arremeteron en especial os líderes dos partidos da oposición.
Para o portavoz de En Marea, Luís Villares, "mentres Feijóo se pasea nunha marcha convocada por falanxistas en Madrid, unha marea humana de xente maniféstase en defensa da sanidade pública, mellores servizos públicos, mellor atención, non máis recortes, recursos suficientes en atención primaria e en hospitais" e "contra o negocio na sanidade".
Desde as filas do PSdeG, Gonzalo Caballero, incidiu en que o problema é o "retroceso nas políticas sanitarias de Feijóo e do PP", censurando que "o presidente da Xunta debería estar a gobernar Galicia no canto de porse a disposición de Casado e o seu pacto coa ultradereita".
E a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dirixiu as súas críticas tanto a Feijóo como ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, do que pediu a súa dimisión. Arremeteu tamén contra a presenza do presidente da Xunta en Madrid: "Feijóo ten moi claro onde quería estar hoxe, en Madrid, con ese trifachito de PP, Ciudadanos e Vox, abrazando un discurso de extrema dereita, en contra dos intereses de Galicia" e "desa idea rancia e carca do Estado español que ao final comparte con ultradereita".
Feijóo replicou á oposición que é "o representante ordinario do Estado en Galicia porque os galegos así o pediron e así o votaron". Desde esta perspectiva, incidiu en que como "representante ordinario do Estado en Galicia", non pode estar "en ningún caso calado ante unha vulneración das competencias do Estado e ante unha falta de respecto a unha parte do Estado, que é Galicia, nesa mesa de negociación entre o Goberno central e a Generalitat".
"Están a negociarse cousas que afectan a Galicia e en consecuencia mostramos a nosa clarísima repulsa, con acougo e tranquilidade, e unha formulación moi clara, que esa negociación non se pode producir e que nin este presidente nin o de ningún goberno de España ten lexitimación para negociar algo innegociable, a soberanía de España", remarcou.
Alén das críticas entre políticos, houbo moitos cidadáns que non pasaron por alto que a TVG conectase en directo coa Plaza de Colón para dar boa conta da manifestación españolista e 'silenciase' a de Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública, relegada a un segundo plano no Telexornal. A canle pública volveu, unha vez máis, a ser acusada de "manipulación" informativa polo tratamento que fixo de ambas as manifestacións
Esta é unha escolma de chíos publicados en Twitter con críticas a Feijóo e a TVG.
Escaleta do Telexornal mediodía da TVG. A manifestación pola #SanidadePública a partir do minuto 16:56. https://t.co/O1rK24dUFu pic.twitter.com/cpMBeFqZzH
— Olalla Rodil (@orodil) 10 de febreiro de 2019
Bem, já vi o telexornal: 7 minutos para o pinchazo facha de #Colon, con totais de Casado, Rivera, Abascal e ANF, apenas 2 minutos para a multitudinária manifestação de Compostela em defesa da sanidade pública e nenhum total para os líderes da oposição. Continua a censura na TVG.
— Xosé Mexuto (@xosemexuto) 10 de febreiro de 2019
Feijóo hoxe🇪🇸: "Cando un Goberno ten unha manifestación como esta e unha contundente resposta no que ha de facer, calquera Goberno democrático nun país debe rectificar"
— Pablo Santiago (@pablostiago) 10 de febreiro de 2019
Pois xa sabes, Alberto: #MinaTouroOPinoNon#QueremosGalego#FeminismoParaMudaroMundo #SanidadePública
...
😘
Y feijoo e Madrid haciendole la ola a rivera abascal y a casado 😱🤢😞 https://t.co/PdbSvAjMeL
— yolanda fdez vazquez (@yolichantada) 10 de febreiro de 2019
⚠️🔴 Més de 40.000 persones s'han manifestat avui a Santiago de Compostel·la a favor de la sanitat pública. Mentrestant el seu president, Núñez Feijóo, es manifestava a Madrid per la unitat d'Espanya.
— CENSURAT NEWS 🔞 (@MNAnoticies) 10 de febreiro de 2019
pic.twitter.com/6dh6mRUfau
Mientras Feijoo se manifestava con la extrema derecha, en Galiza... https://t.co/4cd0XDLuc5
— Raimundo Viejo Viñas (@_mundus) 10 de febreiro de 2019
Realmente "crecen" porque se les da cobertura .... en Galicia hubo hoy una gran manifestación en defensa de la #SanidadPública mientras Feijóo estaba en "todo por España" todo correcto, ni una alusión en los "mass mierda"
— Roman Seixo Perez (@RomanSeixo) 10 de febreiro de 2019
O de Feijoo é de traca! Moito mellor ir a Madrid gobernar na casa dos demáis cá atender ao que un ten na súa por moito q isto último sexa de gravidade extrema e teñas un sistema de saúde que esmorece #SanidadePública #SanidadePúblicaDeCalidade #SanidadeGalega https://t.co/buYRahYgTB
— Suso López Fernández (@Susolopez) 10 de febreiro de 2019
Que Feijoo quede ali en Madrid e non volte a Galiza, que ala coa merda feixista está moi ben
— Joselu╰☆╮ (@JoseluRcdGz) 10 de febreiro de 2019
Pobre Feijoo... Se ha hecho un Willy Fog en una tarde para hacer el ridículo en Colón#NoVoyConElFascismo
— Comboy da Pejeta (@comboydapejeta) 10 de febreiro de 2019
A manifestación importante Hoxe para Galicia foi esta. E cantouse o noso himno . Feijoo non estivo defendendo os intereses dos galegos... estivo en Madrid cantando outra cousa... pic.twitter.com/WDxWO9lKLZ
— O Vinculeiro (@VinculeiroO) 10 de febreiro de 2019
Cuando el sr. CASADO habla de la España de los balcones,espero que no esté realmente pensando en la España de los Balcanes....A punto de cerrar Alcoa,la sanidad gallega bajo mínimos y FEIJÓO de paseo!!!PANDA DE HIPÓCRITAS!
— Anabel (@Anabel3373) 10 de febreiro de 2019
Casi tanta xente como na Praza de Colón en Madrid. Ah! dicirlle ao Sr. Casado que lle transmita ao seu subordinado Sr. Feijoo que "sin saúde non hai pensións". O do aborto que llo deixe as mulleres que teñan que decidir sobre si mesmas e que apoie recoller os migrantes do mar. https://t.co/fsrK7SwELi
— Αντόνιο Όλβεϊρα Σίλβα (@AOlveiraSilva) 10 de febreiro de 2019
Mentres en Madrid: Feijóo cunha bandeira de 🇪🇸 e os seus amiguiños https://t.co/5n7f5IG3CS
— Sara (@serigcia) 10 de febreiro de 2019
Mentres en Madrid: Feijóo cunha bandeira de 🇪🇸 e os seus amiguiños https://t.co/5n7f5IG3CS
— Sara (@serigcia) 10 de febreiro de 2019
Con lío que hai aquí, Feijóo está en Madrid! #SanidadePública pic.twitter.com/TsA4YabSbZ
— Carlos Quivén (@carlosquiven) 10 de febreiro de 2019
🏥A defensa da Sanidade Pública volveu encher de dignidade as rúas e prazas de Compostela.
— Compostela Aberta (@compostelaberta) 10 de febreiro de 2019
A nosa Sanidade ten que a defenda dos recortes da Xunta dun Feijóo que hoxe preferiu fuxir a Madrid a darse a man coa ultradereita antes que escoitar este clamor. #OsRecortesMatan pic.twitter.com/xz7Zj6Q9Yd
O Sr. Feijóo acude a Madrid a xogar ás bandeiras, mentres en Galicia a #SanidadePública sigue en pé contra a súa ineficacia e falta de xestión. #NoVoyConElFascismo #EuCoaSanidade pic.twitter.com/pVptgIesq3
— Xuv.Socialistas Vigo (@XSGVigo) 10 de febreiro de 2019
De la manifestación contra los recortes en sanidad del napia de Feijóo en Santiago no decisión nada, este perrito faldero estaba en NY pero lo hicieron venir sonó habría consecuencias tanto a él como al bobalicón de Moreno, toma ya
— pepe_trola (@xose_sotabal) 10 de febreiro de 2019
Mientras #Feijoo del #PPmafia está dando un paseo por el "orgullo patrio" en Galiza hay una manifestación en defensa de la #SanidadePública #Xunta
— Roman Seixo Perez (@RomanSeixo) 10 de febreiro de 2019
Mientras Alberto Núñez Feijóo iba a Madrid, en Galicia, protestábamos por la sanidad en Compostela...pero eso a los medios les da igual...
— Manel PB (@mpbarbeito) 10 de febreiro de 2019
✊As galegas e os galegos estamos hoxe en Compostela na manifestación a favor do amor e da vida❤️ mentres Feijóo está defendendo en Madrid o odio e a confrontación😠, dándolle as costas a Galicia. @VillaresLuis #OsRecortesMatan #SanidadePúblicaDeCalidade pic.twitter.com/0Tp4bQXABR
— EnMarea (@En_Marea) 10 de febreiro de 2019
Unhas 30.000 persoas na praza do Obradoiro a defender os nosos dereitos mentres Feijóo está a facerse unha foto co triunvirato da vergoña. pic.twitter.com/y0Gk4nQIxe
— Esquerda Unida🔻 (@EsquerdaUnida) 10 de febreiro de 2019
Y Feijoo apoyando en Madrid al trio que quiere acabar con la sanidad pública https://t.co/Mn0frcI9yb
— coyotebai (@coyotebai) 10 de febreiro de 2019
"É Feijoo en Madrid coa Santísima Trindade" #IsabelRisco #EuVou #euvouaesta #sanidadepública #sanidadepublicagalega #NoVoyConElFascismo #SanidadePublica #Galicia pic.twitter.com/9C14GFjDJU
— Helena (@Flipaita33) 10 de febreiro de 2019
Feijoo, deixa as cañas nacional-católicas e atende:
— 𝘽𝙧𝙖𝙞𝙨 (@brais_dc) 10 de febreiro de 2019
O país que dis gobernar, gobérnase sen ti.#ASanidadeNonSeVende #OsRecortesMatan #SosSanidadePública pic.twitter.com/CNtO41ipZY
Programa de TVG:
— anguex (@anguex) 10 de febreiro de 2019
A Revista Fin de Semana Conecta en directo con Plaza Colon de Madrid, a la misma hora en Santiago empezaba una manifestación contra la precaridad Sanitaria. NI UNA P*** IMAGEN
TVG no de todos los gallegos sino TVG de Feijóo y del PP pic.twitter.com/KeQmJBLUPR
Feijoo esta haciendo cosas nazis,no lo agobieis
— Diego (@diegoelsoto) 10 de febreiro de 2019
A tele de Feijóo informa sobre unha concentración en Madrid e silencia unha manifestación contra os recortes de Feijóo na sanidade galega. Prioridades.#YoNoVoy #YoVoy https://t.co/6IIKpETIn3
— Pablo Tortajada (@PabloTortajada) 10 de febreiro de 2019
Hoxe incrible #Compostela !! Mentres #Feijoó pasea por Madrid Galicia sae a defender a súa sanidade pública!! pic.twitter.com/2kdBbOS2pp
— Eva Solla Fernández (@eva_solla) 10 de febreiro de 2019
👎 Nin media palabra en #ARevista da @TVGalicia, aínda que sí conectaron con Colón.
— Suso Ares (@Suso_Ares) 10 de febreiro de 2019
Chámanlle #adetodos pero é a de Feijóo.#manipulación#SanidadePública#DefendeAGalega#YoNoVoy https://t.co/RtQXf0kWeM
Mentres Feijoo e o PP pagan buses para ir a Madrid a berrar cos fascistas, Galiza maniféstase pola sanidade publica e a vida. Que mellor retrato do que representan para o noso país.#ASanidadeNonSeVende#SosSanidadePública pic.twitter.com/8X8H4Ms5M0
— 𝘽𝙧𝙖𝙞𝙨 (@brais_dc) 10 de febreiro de 2019
Mientras el cobarde Feijoo se esconde detrás de la bandera patria, la gente se le muere en los pasillos de urgencias a causa de los bestiales recortes en la sanidad pública.
— SOR RAIMUNDA (@prespiputa) 10 de febreiro de 2019
Mientras #Feijoo está en Madrid alientando el enfrentamiento y el odio al @PSOE, Galicia se moviliza recorriendo Compostela y reivindicando una #SanidadePública sin recortes, miles de galegos defendiendo un país mejor. #NoVoyConElFascismo pic.twitter.com/rVU4qCeIYt
— Aly 🌹 (@alilago) 10 de febreiro de 2019
⛔️ A praza da Quintana ateigada en contra dos recortes de Feijóo na #SanidadePública galega. Milleiros de persoas en Santiago❗️E Feijóo❓ pic.twitter.com/7nmvKtjqtK
— PSdeG (@PSdeG) 10 de febreiro de 2019
en galicia una manifestación por la sanidad y el señor feijoo se va a junto de los fascistas que están en madrid
— nina⚡ (@imnnotsober) 10 de febreiro de 2019
Con la presencia en Madrid de Alberto Núñez Feijóo queda claro que él PP de Galicia está junto a la extrema derecha que quiere romper la convivencia y el país. Cada uno será responsable con su voto.
— Jesús Castro🏴☠️🏴☠️🏴☠️ (@suso1971) 10 de febreiro de 2019
A Quintana ateigada ao tempo que Feijóo se pasea por Madrid da man da extrema dereita.
— Espiral - MRG (@Espiral_MRG) 10 de febreiro de 2019
Demasiada dignidade para tan pouca vergoña.#ASanidadeNonSeVende pic.twitter.com/GsNvirtLnI
"Co lío que hai aquí e Feijóo en Madrí". #sanidadepública Na defensa da dignidade dos servizos públicos básicos. Xentes e plataformas de todo o País. pic.twitter.com/Wx08s6TsNG
— Paula Vázquez Verao (@paulaverao) 10 de febreiro de 2019
Feijóo entre os fascistas na praza de Colón de Madrid. Nós defendendo sanidade pública na praza da Quintana en Compostela. pic.twitter.com/5gaum6uP59
— Suso De Toro (@SusodeToro1) 10 de febreiro de 2019
Manifestación a favor de la Sanidad Pública en Compostela y Feijoo en Madrid con Casado, Rivera y VOX! Te has retratado, macho! pic.twitter.com/9hIGTWvdfw
— Javier García Carro (@javigcarro) 10 de febreiro de 2019
Rúas de Compostela ateigadas na defensa da Sanidade Pública Galega, contra o seu colapso por mor da privatización e recurtes orzamentarios do goberno neoliberal de Feijóo, que hoxe está en Madrid manifestándose da man da ultradereita española. pic.twitter.com/DYsYxgzZfi
— anova (@anovagal) 10 de febreiro de 2019
Hai case tanta xente hoxe en Compostela loitando por defender a sanidade pública coma en Colón e aquí non compramos autobuses de xente. Por certo, Feijoo está en Madrid co fascismo. #NoVoyConElFascismo
— María McBeal (@MaraRlvarez1) 10 de febreiro de 2019
Todavía sorprendido por el tiempo dedicado por la TVG a la manifestación de Santiago (por la sanidad pública) y a la de Madrid. Para que luego digan que los medios de comunicación no está manipulados. #SanidadSIEMPREPublica
— Gerardo Rey 👑 (@GerardoRey66) 10 de febreiro de 2019
📺A TVG conecta en directo coa festa trifachita en Madrí de 45.000 exaltados (frente a 700.000 persoas no último 🏳️🌈Día do Orgullo Gay, por exemplo) mentras se ateiga a Quintana en protesta polo colapso da Sanidade Pública Galega. pic.twitter.com/SodzKF397l
— Millán Fernández (@millanfernandez) 10 de febreiro de 2019
O "sesgo" da @TVGalicia, que para iso lle paga @FeijooGalicia...
— Yoli ♀╰☆╮🎗#independencia (@nadjanf) 10 de febreiro de 2019
Foto con encadre pequeno para os milleiros na mani en defensa da #sanidadepública.
Foto con encadre grande para os 45.000 que foron a Madrid. #DefendeAGalega pic.twitter.com/BHdwVB4Lnc
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.