Por que as Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría ou Matemáticas teñen que ser carreiras de homes?

"Romper estereotipos". Ese é o lema co que a Deputación de Pontevedra súmase este luns ao Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra súmase este luns ao Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia declarado pola Organización das Nacións Unidas (ONU), polo que reivindicou a necesidade de "romper cos estereotipos" para animar ás mozas a matricularse nas carreiras de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas.

Tal como sinalou a deputación nun comunicado, a presidenta provincial, Carmela Silva, subliñou que hai que apostar "pola formación en materia de igualdade", así como por impulsar a presenza de líderes femininas en tecnoloxía e ciencias nos medios de comunicación "para establecer referentes e empoderar ás nenas e ás mozas para que poidan ser o que desexan". "Soamente así poderemos converternos en pezas crave nesta cuarta revolución industrial, ter un papel activo na transformación dixital e participar na toma de decisións", engadiu Silva.

A presidenta, con motivo do Día Internacional da Muller na Ciencia, mostrou a súa preocupación pola diminución do número de mulleres matriculadas nas carreiras científicas e lembrou que as mulleres supoñen o 25% das matriculacións en enxeñarías e arquitectura e que "soamente o 26% de mulleres traballan en empresas tecnolóxicas".

"Preocúpanme moito estes datos e tamén os do último informe PISA, que manifestan que soamente o 7% das mozas de 15 anos pensa estudar carreiras científicas. Debemos traballar para que a porcentaxe sexa como mínimo o 50%", apuntou.

Segundo Silva, se non hai mulleres no ámbito tecnolóxico, "tampouco haberá mulleres ocupando postos de traballo nin mulleres na toma de decisións". Neste sentido, a presidenta provincial reivindicou a necesidade de apostar por unha formación en materia de igualdade "desde o berce".

Matemáticas
Matemáticas | Fonte: Barande - Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 yprn

Efectivamente. Se fora ao revés ( coma xa pasa en moitas carreiras, nas que hai moitas mais mulleres que homes) non habería problema,pero se hai alguna carreira na que non haxa suficientes mulleres, entón o universo paralízase.