O 061 atendeu a 55 persoas na fin de semana debido a 44 accidentes de tráfico

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 55 persoas debido a 44 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana nas estradas galegas. O domingo foi a xornada con máis incidentes, cun total de 16.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 8 de febreiro e as 23,59 horas deste domingo un total de 61 chamadas en relación con sinistros de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 57. En concreto, as ambulancias realizaron 54 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en tres sinistros. En 47 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasiónss recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 62 por cento e a de mulleres reduciuse ao 38%. En canto ás idades dos feridos, un 36% dos asistidos tiña entre os 25 e 39 anos. Pontevedra, con 19 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con 15; Lugo, con seis; e Ourense, con catro.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta