As viaxes en bus urbano rexistran o seu maior aumento nesta década

Crecen un 2,2%, case un punto por riba da media española.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Os viaxeiros en autobús urbano rexistraron un aumento en 2018 en Galicia do 2,2% en comparación co ano anterior, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, é o maior aumento na serie de publicacións desta esta estatística que comezou en 2012. Acumula catro anos de crecemento consecutivos en Galicia tras 2017 (+0,1%), 2016 (+0,9%) e 2015 (+0,2%). En 2014 a cifra mantívose invariables despois de dous anos (2013 e 2012) en negativo.

Este aumento de 2018 na Comunidade galega é sete décimas superior ao avance da media española (+1,5%). A autonomía con maior crecemento foi Murcia (+3,7%), mentres que o maior descenso produciuse en Estremadura (-2,6%). No tocante a decembro en comparación co último mes de 2017, hai un repunte na Comunidade galega do 4,9%, que é similar á do Estado.

Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia
Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta