Os socialistas ourensán esixirán a retirada de símbolos que honren cargos públicos condenados por sentenza firme

O PSdeG de Ourense sinala que este tipo de recoñecementos impiden ser referencia ética e pública ademais de minar a confianza nas institucións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O PSdeG de Ourense demandará á Deputación e aos municipios da provincia que se retiren os símbolos, obxectos e nomes que honren a cargos públicos que fosen condenados por sentenza firme.

A través dun comunicado de prensa, os socialistas deron a coñecer unha moción que se debaterá no pleno ordinario do mes de febreiro, na que reclaman que as administracións públicas ourensás "se poñan á cabeza de Galicia na defensa da honorabilidade das institucións" e "supriman estas loas que supoñen un descrédito para as institucións e para a política en xeral".

Na moción sinálase que este tipo de recoñecementos "impiden ser referencia ética e pública e minan profundamente a confianza nas institucións". Ademais, os socialistas entenden que "unha condena en firme supón un obvio menoscabo dos intereses e recursos públicos, e da imaxe das institucións".

Nesta liña, aludiron a normativas vixentes en institucións españolas e europeas, e aseguraron que "chegou o momento de comprometerse a profundar na defensa da honorabilidade das institucións con accións concretas".

O PSdeG remarcou que o código ético debe ser "a referencia de conduta a seguir por todas as persoas que forman parte da Deputación, xa que "ao ser o espello no que se mira a cidadanía, deben eludir calquera acción ou omisión que poida prexudicar a imaxe institucional da Deputación e minar a confianza da cidadanía".

Así, os socialistas demandarán a través desta moción a retirada de "calquera símbolo, praza, cadro, busto, estatua, denominación de espazo público ou calquera outro obxecto que supoñan recoñecementos honoríficos ou conmemorativos" a cargos públicos "que fosen condenados mediante sentenza en firme por delitos contra a Administración".

Secretario xeral do PSDEG, Gonzalo Caballero.
Secretario xeral do PSDEG, Gonzalo Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta