O exministro Blanco nega que participase na construción dun relato sobre Angrois e pide "desculpas" ás vítimas

Di que nunca suxeriu, alentou ou participou de ningunha estratexia, "só ou con terceiros".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/02/2019 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O exministro de Fomento José Blanco sinalou este luns no Congreso que nunca suxeriu, alentou ou participou de ningunha estratexia, "só ou con terceiros", para promover un relato sobre o accidente ferroviario de Angrois (Santiago de Compostela) que en 2013 custou a vida a 80 persoas e provocou 144 feridos.

O exministro de Fomento, José Blanco, durante a comisión de investigación do. CAPTURA
O exministro de Fomento, José Blanco, durante a comisión de investigación do. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Durante a súa comparecencia ante a comisión de investigación do accidente do Alvia en Santiago, e ante a acusación de que existise unha estratexia entre PSOE e PP para centrar as culpas no maquinista, o agora eurodeputado galego engadiu que tampouco tivo conversación algunha durante o seu mandato con quen lle substituíu no cargo á fronte de Fomento, a presidenta do Congreso Ana Pastor, e matizou que tampouco o tivo con ningunha persoa do Ministerio de Fomento nin do Partido Popular.

Co socialista José Blanco como ministro de Fomento celebrouse a inauguración da liña na que se produciu o accidente. Esa liña experimentou un cambio de proxecto que implicou a retirada do sistema de control de velocidade ERTMS nos últimos quilómetros da vía, xusto onde tivo lugar o descarrilamento.

Blanco aproveitou a súa comparecencia ante a comisión do Congreso para reiterar as súas "desculpas" ás vítimas daquela traxedia.

Ao termo da súa intervención inicial, o agora eurodeputado socialista quixo dedicar unhas palabras ás vítimas mentres os seus representantes se manifestaban ás portas do Congreso.

"Finalmente, e unha vez máis, as miñas máis sinceras desculpas se por acción ou omisión, de feito, ou de palabra, ao longo deste tempo non puiden ou non souben contribuír a paliar a dor causada por esta traxedia", sinalou.

Blanco subliñou que "sempre" fixo o posible e dedicou "os recursos necesarios" para garantir a construción dunha liña de alta velocidade competitiva na súa integridade a Galicia, en beneficio dos cidadáns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta