Reunión entre axentes públicos e privados de Santiago coa Xunta de cara a "preparar" a cidade para o Xacobeo 21

Segundo o conselleiro de Cultura, búscase que o programa do ano xubilar chegue a todos os concellos de Galicia con Santiago cun significado especial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu este luns unha reunión con medio centenar de axentes públicos e privados do ámbito da cultura e do turismo de Santiago de Compostela co obxectivo de iniciar os traballos para "preparar" a cidade e "planificar" o Xacobeo 21.

En declaracións aos medios antes de participar no encontro, Rodríguez explicou que a intención da Xunta é que o Xacobeo 21 "chegue a todos os concellos" de Galicia, aínda que é "obvio" que a cita terá en Santiago "un significado especial".

Por iso, convocou a un encontro aos "principais axentes públicos e privados" da cultura e do turismo da cidade para "ir planificando, ir xestionando e ir tendo ideas para facer fronte aos novos retos que están por vir". "Queremos incrementar o atractivo de Santiago", dixo Román Rodríguez, que apostou por "planificar novos itinerarios", favorecer a creación de "novos espazos turísticos" e "preparar á cidade para o Xacobeo 21".

O conselleiro lembrou que a Xunta busca crear un Xacobeo "moi participativo", dado que se trata de "un proxecto onde o éxito ou o fracaso vai ser de todos". "O Xacobeo ten que ser un proxecto integral para toda Galicia, descentralizado, sustentable", apuntou Rodríguez, que pediu unir esforzos para "pór a Galicia no escaparate mundial".

Román Rodríguez acudiu a este encontro logo da súa viaxe institucional a Estados Unidos, onde levou adiante unha axenda "moi produtiva", con "contactos ao máis alto nivel".

Reunión Xacobeo
Reunión Xacobeo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta