Piden que se faga público o custo da viaxe adiantada de Feijóo desde EEUU para ir á manifestación en Madrid

En Marea e BNG rexistraron senllas iniciativas no Parlamento galego a través das que preguntan polos gastos derivados da viaxe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

En Marea e BNG rexistraron senllas iniciativas no Parlamento de Galicia a través das que preguntan polos gastos derivados da viaxe realizada a pasada semana polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Estados Unidos, así como polo cambio no voo para participar o domingo na concentración convocada en Madrid por PP e Ciudadanos, co apoio de Vox e secundada por grupos falanxistas e neonazis.

Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis
Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis | Fonte: @JuanMa_Moreno.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, considerou necesario que os galegos saiban canto custou "ao erario público" a volta anticipada do presidente.

"Quen vai pagar iso, a Xunta ou o Partido Popular?", preguntou Villares, que sinalou que o "adianto e a cancelación dos actos non tiveron como causa a actividade institucional senón a partidaria".

Pola súa banda, o Bloque cuestionou canto vai custar a cada galego que o máximo mandatario autonómico "antepoña os intereses do seu partido á axenda institucional".

Ademais, a formación nacionalista esixiu que "a diferenza económica" derivada do cambio de billete corra a cargo do Partido Popular.

"Unha vez máis Feijóo mostrou o seu lado máis servil con Pablo Casado participando en Madrid nunha concentración que mesmo o obrigou a adiantar a súa viaxe", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta