A presidenta do Congreso español nega que desde Fomento obstruíse a investigación do accidente en Angrois

A exministra do PP di que "xamais deu unha instrución para que non se facilitase toda a información" que demandaba o xuíz instrutor.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/02/2019 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

A presidenta do Congreso dos Deputados e exministra de Fomento cando se produciu o accidente do Alvia en xullo de 2013, Ana Pastor, sinalou este luns no Congreso que "xamais deu unha instrución para que non se facilitase toda a información" que demandase o xuíz instrutor.

Comisión de Investigación sobre o accidente ferroviario ocorrido en Santiago de. Ricardo Rubio - Europa Press
Comisión de Investigación sobre o accidente ferroviario ocorrido en Santiago de. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Pastor engadiu que, ao contrario, se puxo en coñecemento da autoridade xudicial e da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) todo canto se solicitou.

Durante a súa comparecencia na comisión que investiga ese accidente ferroviario que deixou 80 mortos e 144 feridos, Pastor indicou que "nunca, nin en comparecencia pública ou privada", atribuíu a causa do accidente "a nada nin a ninguén", polo que negou que desde o seu Ministerio se tentase lanzar unha "verdade oficial" que deixase toda a responsabilidade do accidente ao maquinista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

onde está o vídeo da comisión de investigación ? https://youtu.be/1qSxOTdJfno