Pintadas vandálicas na tumba do fundador do PSOE, o galego Pablo Iglesias

Tamén foron atacadas a tumba da Pasionaria e os monumentos dos Caídos da División Azul e o dedicado ás Trece Rosas, no cemiterio da Almudena en Madrid. O presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, reivindica os valores do fundador do PSOE.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 11/02/2019 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

As tumbas do fundador do PSOE, o ferrolán Pablo Iglesias; a da dirixente comunista Dores Ibárruri (coñecida como La Pasionaria), así como os monumentos dos Caídos da División Azul e o dedicado ás Trece Rosas, no cemiterio da Almudena, foron atacados con diversas pintadas.

Tumba do galego Pablo Iglesias, fundador do PSOE.
Tumba do galego Pablo Iglesias, fundador do PSOE.

Tal e como informaron fontes da Policía Nacional, os ataques "proceden do mesmo feito" e quen os denunciou é o inspector da empresa de seguridade do cemiterio.

No caso da de Pablo Iglesias e Dores Ibárruri, como adiantou o diario 'El País', as pintadas vandálicas consistiron na vertedura de pintura branca sobre as dúas lápidas e os monumentos.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reivindicou este luns os valores do fundador do PSOE, Pablo Iglesias, tras as pintadas vandálicas aparecidas na súa tumba, situada no madrileño cemiterio da Almudena.

"Hai 140 anos, Pablo Iglesias fundou o PSOE para defender desde a política a liberdade, a solidariedade, a igualdade e a xustiza social", escribiu o xefe do Executivo nun apuntamento na súa conta de Twitter.

Sánchez asegurou que desde a súa formación seguirán "loitando cada día" por eses valores que son, ao seu xuízo, "máis necesarios que nunca". "A súa memoria guía hoxe o traballo de miles de socialistas", remachou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta