A Xunta arrasa cos únicos vestixios romanos de Noia

O xacemento de Taramancos está a ser usado como recheo para os cimentos da ponte da nova variante de Noia que realiza a Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta. De nada serviron as protestas do concello e de colectivos culturais da zona.

Por Xurxo Salgado | Noia | 28/09/2011 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Non é a primeira vez, nin será a ultima que Galicia Confidencial se fai eco da desfeita do noso patrimonio. Se este mércores amosabamos a faciana máis amable do amor polo noso patrimonio, agora falamos de todo o contrario; a desfeita dun novo xacemento arqueolóxico e, desta volta, por parte da Xunta.

Hai unhas semanas dábamos conta, precisamente, deste interesante achado. O xacemento de Taramancos comezouse a escavar este verán, precisamente, como unha actuación de urxencia antes da construción da conexión da Vía de Alta Capacidade (VAP9 Brión-Noia coa estrada SC-550 que une as localidades de Taramancos con Noia. Nun comezo pensouse que o xacemento era pequeno pero, co tempo, descubríronse importantes estruturas, gran cantidade de cerámica e tégula romana e un importante concheiro que non deu tempo a analizar pola premura das obras.

Os achados desvelaron, á falta de estudos máis rigurosos, a posible existencia dun poboado moi antigo, da Idade do Ferro, de tipoloxía totalmente inusual en Galicia, xa que non está fortificado, e parece estar vinculado a actividades de explotación do medio mariño. Pero tamén apareceron posibles restos castrexos e estruturas romanas.

Conservación


Desde o primeiro momento, o rexedor de Noia, Rafa García Guerrero e distintos colectivos culturais da comarca pedíronlle á Xunta que conservara ese poboado, o primeiro que conserva auténticos vestixos da orixe romana deste concello, ou, en todo caso, que deixara máis tempo para escavar. Sen embargo, a Consellería de Medio Ambiente e Infraestrutura opúxose alegando retraso nas obras.

E hoxe, nin mes e medio despois das escavacións, parte do xacemento serve xa como recheo para os cimentos da ponte da nova variante. A parte romana xa non existe e tamén foi danada a estrutura circular dunha cabana. Nin unha explicación de Patrimonio nin da Xunta polo momento. Os único que se pronunciaron para que non se destruíse este valiosísimo patrimonio -unha miudeza para Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, que dixo que castros había moitos en Galicia- foron o Concello de Noia (PSOE, BNG e N.O.I.A.) e a asociación cultural "Terra de Outes".

Críticas á Xunta

O alcalde noiés denuncia que a Xunta de Galicia non está mantendo a "necesaria colaboración entre as administracións" xa que "non informa e tenta agochar que a decisión de eliminar os restos está tomada desde o primeiro intre que apareceron". "Non se buscou en ningún momento alternativas que permitiran as conservación dos restos arqueolóxicos. A eliminación do xacemento é un mero trámite administrativo para a Xunta de Galicia, mentres para os noieses e noiesas supón unha enorme perda do noso patrimonio e da nosa historia, ademais de supor a perda dun enorme atractivo turístico", criticou nun comunicado.

Así, insiste en que o alcalde noiés non dubida en afirmar que "o goberno de Feijóo amosa nas súas políticas un total desprezo da conservación do patrimonio e do medio ambiente. Créanse proteción de espazos naturais e do patrimonio, pero á hora da verdade só son de aplicación para os particulares. As administracións, no canto de dar exemplo, empregamos de xeito abusivo o recurso do "interese xeral" para obviar as proteccións e amoldalas aos intereses políticos".

Regulado por lei

Fontes da Xunta consultadas aseguran que este tipo de obras están reguladas por lei e, polo tanto, non deben dar lugar a "ningunha polémica ou mal interpretación". Din que as obras son excavacións sufragadas pola Xunta para documentar todo o que alí se atope antes de que unha obra pública --a VAC Brión-NOia-- poida afectarlle. "Ademais realízase sempre un estudo de impacto arqueolóxico antes de cada obra e se actúa naqueles xacementos que resulten de interese como foi este caso". E iso é todo. Do informe de Patrimonio sobre o xacemento nada se sabe. Por iso, o PSdeG, a través do deputado José Manuel Lage, ven de reclamarlle á Consellería de Cultura que lle entregue unha copia do mesmo. Un trámite, que sen embargo, pode tardar meses, cando xa non quede nada do chamado castro de taramancos.

None

Desde Galicia Confidencial animamos a todos os lectores a que nos informedes deste tipo de desfeitas do noso patrimonio. Se sabedes de calquera irregularidade ou agresión contra o territorio non dubidedes en facernola chegar. Aportaremos o noso grao de area para, dentro das nosas posibilidades, evitar que isto aconteza.

Nova realizada coa colaboración de Certo

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

9 Crebicola

Sabe alguem quem decidiu destruir os restos?, foi a Xunta ou foi o arqueólogo director da escavaçom?

8 Señorbu

Castros haberá moitos, pero políticos ineptos tamén. A ver se imos ter que empezar a cargarnos algún.

7 Eue

Se se trata dun poboado da Idade de Ferro sen fortificar (logo non sería propiamente un castro nin os seus restos “castrexos”), daquela, posiblemente, si sería digno de se conservar, pola súa excepcionalidade. Tamén dicían do Castro de Langosteira (A Coruña) que era excepcional, e aló foi... Agora, tamén son da opinión de que non podemos conservar “in situ” todos os restos do pasado, por castrexos que sexan. Paréceme lóxico que haxa que escoller. Velaí o tríngulis míngulis!

1 Antón

Os unecos restos do pasado dos que debemos desprendernos son o PP e os pepeiros e a sua ideoloxia franquista, todolos demais e nosa obriga e vai no noso interés conservalos.

2 Lucense

Argumentos semelhantes se derom nos anos 80, quando o Paco Vázquez na Corunha e já nem lembro quem em Lugo destruirom um riquíssimo acervo arquueológico de origem romana para construir os estacionamentos subterrâneos. A escola pacovazquista, destrutora de todo quanto é património de Galiza, botou raizes, sem dúvida. Hai uns meses era um cruzeiro em Begonte; hoje um povoado da Idade de Ferro; amanhã...?

3 Antón

Despois quixo compensar prometendo un mausoleo chamado "casa de nuestros antepasados"no Castro de Elvinha, que quedou en ren. A Paco a uneca historia que lhe interesa é a que lembre a sua triste figura. Paco o que se laiaba canda ia cara Bergantinhos de: "lo mal que conservamos nuestra tierra que la llenamos de eucaliptos·.

6 Eue

Se se trata dun poboado da Idade de Ferro sen fortificar (logo non sería propiamente un castro nin os seus restos “castrexos”), daquela, posiblemente, si sería digno de se conservar, pola súa excepcionalidade. Tamén dicían do Castro de Langosteira (A Coruña) que era excepcional, e aló foi... Agora, tamén son da opinión de que non podemos conservar “in situ” todos os restos do pasado, por castrexos que sexan. Paréceme lóxico que haxa que escoller. Velaí o tríngulis míngulis!

5 Castreiro

Hai un mes que o dixeron na web de Manuel Gago, antes de destuilo. http://www.manuelgago.org/blog/inde...

1 si,si

Si, oh. Este tamén era o que dicía que as churrasquerías atraían aos coches de gamas altas. Un fenómeno o rapaz