Multados por pintar un mural a prol dos dereitos LGTBI

Cinco membros de Galiza Nova –a mocidade do BNG– terán que pagar, cada un, 300 euros por unha pintada na Avenida Chancelas, no municipio de Poio.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 12/02/2019 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

A organización xuvenil nacionalista Galiza Nova denunciou que cinco dos seus integrantes foron multados con 300 euros cada un por realizar un mural co lema "Construíndo a Galiza Diversa", a favor dos dereitos  LGTBI. Segundo afirmaron, esta sanción foi imposta en aplicación da Lei Mordaza a instancias da Garda Civil.

Mural de Galiza Nova.
Mural de Galiza Nova.

O responsable comarcal do BNG Demetrio Gómez mostrou o apoio da formación nacionalista aos cinco multados. Xunto a el, compareceron Martín  Coego, unha das persoas denunciadas, e o secretario xeral de Galiza Nova, Alberto Fernández.

Segundo explicaron, o pasado 27 de outubro estaban a pintar un mural na Avenida  Chancelas, no municipio de Poio, nun muro de titularidade pública no que xa existía unha pintada anterior cando se presentou no lugar unha patrulla da Garda Civil. Naquel momento, os cinco foron identificados e o pasado 29 de xaneiro chegoulles a todos eles unha comunicación oficial da Subdelegación do Goberno comunicándolles unha multa de 300 euros cada un.

Destacaron que ninguén presentou denuncia, senón que foron a Garda Civil e a Subdelegación do Goberno as que actuaron de oficio contra os cinco novos "pola realización dun acto de liberdade de expresión, que en ningún caso empeorou o estado do mobiliario público", en palabras do portavoz dos multados, Martín  Coego.

As multas foron recorridas e a organización nacionalista creou un bono axuda para afrontar os gastos derivados de todo o proceso, que entenden que "é máis unha persecución política que unha defensa do patrimonio público".

Ademais, este mozo rexeitou a "situación de  involución democrática na que nos atopamos", xa que "a liberdade de expresión cada día é máis perseguida". Pola súa banda, o secretario  xeral de Galiza  Nova, Alberte Fernández, reclamou a derrogación da Lei  Mordaza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Non poder ser, o vicerey do psoe na provincia é o guardián das esencias democráticas.