Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2019 | Actualizada ás 18:01
O Deputado de Turismo de Lugo, Eduardo Vidal, puxo en valor este martes a importancia das rutas de peregrinación que transitan pola provincia e que suman máis de 800 quilómetros de Camiños de Santiago.
Vidal foi o encargado de presentar de forma oficial á provincia de Lugo no marco do fórum profesional Fairway, que acolle Santiago de Compostela e no que a Deputación tamén ten unha caseta institucional.
O deputado destacou que Lugo é "a gran porta de entrada a Galicia" de miles de peregrinos que, cada ano, percorren o Camiño Francés, o Camiño Primitivo, o Camiño do Norte ou o Camiño de Inverno, rutas que atravesan practicamente a metade dos concellos da provincia.
Ademais, avanzou que tres novas rutas alternativas están a ser xa investigadas e documentadas para un posible recoñecemento oficial no futuro: o Camiño do Mar pola Mariña Lucense, a Vía Rexia do Norte e a Vía Künig, que segue o itinerario que fixo un monxe alemán en 1495.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.