Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2019 | Actualizada ás 21:11
A eurodeputada Lídia Senra tachou de "perverso" o acordo pesqueiro entre a UE e Marrocos aprobado este martes, á vez que alerta dos riscos xurídicos que pode conlevar. Así o sinalou nunha rolda de prensa conxunta co ministro delegado para Europa da Fronte Polisaria, Mohamed Sidati, quen denuncia que este acordo é "ilegal", á vez que advirte de que a UE "está a reforzar a ocupación marroquí do Sahara Occidental".
A este respecto, Sidati lamenta que a UE "vai seguir coa súa política de negación do pobo saharauí e de espolio dos recursos naturais".
"Coa súa actitude fan prevalecer a lóxica da forza en detrimento dos principios que presidiron a súa fundación. Estes acordos son operacións para esquilmar os nosos recursos. Francia e España capitanean este roubo", clama.
Pola súa banda, Senra recrimina que os acordos comerciais entre a UE e Marrocos "inclúen ilegalmente os territorios ocupados do Sahara Occidental", mentres lembra que "non poden tomar decisións sobre un territorio que non lles pertence".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.