Aberto un operativo contra o tráfico de drogas na provincia de Pontevedra

As actuacións céntranse nas zonas do Vao de Arriba, o concello de Vilaboa e a comarca do Salnés, entre outras.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 13/02/2019 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A Policía Nacional mantén aberto este mércores un operativo contra o tráfico medio de drogas en varias localidades da provincia de Pontevedra.

Segundo informaron fontes policiais a Europa Press, axentes do departamento de Tráfico Medio e da Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco) procederon a realizar diversas actuacións este mércores no marco deste operativo antidroga.

En concreto, as unidades policiais mobilizadas desprazáronse a realizar actuacións en zonas do Vao de Arriba, onde se sitúa un poboado chabolista, así como no municipio de Vilaboa e na comarca do Salnés, entre outras.

Policía Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo
Policía Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta