Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/02/2019 | Actualizada ás 12:41
Unha moza, de iniciais EGM, de 27 anos e avogada, morreu tras precipitarse desde o terceiro piso dun edificio no centro de Santiago. Ao lugar do sinistro xa se trasladaron os servizos sanitarios e efectivos policiais.
O accidente tivo lugar sobre o mediodías deste mércores na céntrica rúa Fernando III o Santo segundo confirmaron a GC fontes dos servizos de emerxencia que non precisaron os motivos da caída.
A Policía Nacional investiga xa as causas desta morte. Así o confirmaron a Europa Press fontes da Policía Nacional, que indicaron que non se descarta ningunha hipótese" á espera de que os axentes realicen as inspeccións oportunas e demais probas no lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.