Unha moza morre tras precipitarse desde un terceiro piso en Santiago

O suceso tivo lugar sobre o mediodía deste mércores. A Policía investiga xa a causa da morte.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/02/2019 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Unha moza, de iniciais EGM, de 27 anos e avogada, morreu tras precipitarse desde o terceiro piso dun edificio no centro de Santiago. Ao lugar do sinistro xa se trasladaron os servizos sanitarios e efectivos policiais.

Rúa Fernando III o Santo, en Santiago de Compostela
Rúa Fernando III o Santo, en Santiago de Compostela | Fonte: santiagodecompostela.portaldetuciudad.com

O accidente tivo lugar sobre o mediodías deste mércores na céntrica rúa Fernando III o Santo segundo confirmaron a GC fontes dos servizos de emerxencia que non precisaron os motivos da caída.

A Policía Nacional investiga xa as causas desta morte. Así o confirmaron a Europa Press fontes da Policía Nacional, que indicaron que non se descarta ningunha hipótese" á espera de que os axentes realicen as inspeccións oportunas e demais probas no lugar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta