Temas: EN MAREA

En Marea ve aprobada no Congreso unha iniciativa para que o Estado cumpra cos dereitos lingüísticos do galego

Fernán-Vello ataca as "falsidades, mentiras e patrañas da extrema dereita e da dereita sobre a situación do galego".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

Unha iniciativa de En Marea foi aprobada este mércores na comisión de Cultura do Congreso para garantir a normalización do galego e que se cumpran cos dereitos lingüísticos. Diso informa a formación nun comunicado, no que informa que PP e Cs votaron en contra. Respecto diso, o deputado Miguel Anxo Fernán-Vello carga contra "as falsidades, mentiras e patrañas da dereita e extrema dereita sobre a situación da lingua galega".

"En Galicia aínda temos que lidar coa diglosia. Non existe igualdade lingüística, reclamamos igualdade", demanda o deputado, quen lamenta a "anomalía incompresible" de que "sempre houbo unha resistencia obstinada a aceptar a riqueza lingüística".

A este respecto, enumerou diversos incumprimentos por parte do Estado relativos á falta de atención en galego na Administración Xeral do Estado, como non poder renovar o DNI ou o pasaporte, encher formularios, así como realizar denuncias ou trámites, por exemplo. Tamén censura a falta de respecto á toponimia oficial galega por parte de organismos como o Ministerio de Fomento ao longo dos últimos anos.

Deputados de En Marea no Congreso. EN MAREA
Deputados de En Marea no Congreso. EN MAREA

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pero os produtos galegos non son do gusto das súas señorías ! https://cabozo.com/imagenestaboleir... Están máis quentiños no Congreso en Madrid ! Canta hipocrisía señor Fernández Vello !!!