O meteorito que cruzou o ceo galego, a cámara lenta

Un vídeo gravado en Santander mostra o bólido que se puido ver desde Galicia, Asturias, Cantabria e León.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/02/2019 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

O 12 de febreiro, ás 20:49 horas, foi observado un obxecto luminoso desde distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria e León. Desde Compostela viuse en dirección noreste e con clara traxectoria descendente.

O meteorito que cruzou o ceo de Galicia, Asturias, Cantabria e León o 12 de outubro de 2019.
O meteorito que cruzou o ceo de Galicia, Asturias, Cantabria e León o 12 de outubro de 2019.

Descartada unha reentrada dun cohete ou satélite artificial, todo indica que se tratou dun bólido, é dicir, a entrada na nosa atmosfera dun meteoroide (pedra cósmica), informa José Ángel Docobo Durántez, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago. 

Unha vez analizadas as distintas testemuñas recibidas e ás que se puido ter acceso, pode dicirse que o traxecto final do bólido tivo lugar por riba do Mar Cantábrico, estimándose o punto final a uns 150 quilómetros da costa asturiana.

Este vídeo foi gravado en Santander por Fran Bedía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta