A oposición avisa da precariedade do emprego mentres a Xunta fala de modelo aberto en orietación laboral

Buscaríase un servizo personalizad e individualizado para a cidadanía con tres eixos como son emprego de calidade, formación e capacitación e orientación laboral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

A Xunta pretende implantar "un modelo de orientación laboral aberta", segundo subliñou este xoves nunha comparecencia parlamentaria o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes. Marnotes, quen achegou datos como que en 2018 case o 65% das persoas atendidas atopou un emprego dentro do seis primeiros meses, fixo fincapé na súa intervención na procura dun "novo concepto máis tecnolóxico", pero subliñou que se baseará "sempre na atención individualizada que presta o orientador".

Así, cun servizo "personalizado e individualizado á cidadanía", apuntou a tres eixos do modelo ao que aspira a Xunta: emprego de calidade, formación e capacitación e orientación laboral, de modo que o usuario "poder acceder a todas as ofertas de emprego". Pola súa banda, os grupos da oposición, En Marea, PSdeG e BNG, advertiron da precariedade do emprego no marco actual, e o PP apuntou como "fundamental" o "diálogo social" para mellorar o traballo que oferta a comunidade.

Tras expor a reestruturación de recursos humanos en oficinas e referir tamén distintos investimentos en infraestruturas, o director xeral recalcou a intención de pór a disposición "moitos máis medios de procura activa de emprego", mediante o apoio, entre outras cuestións, nas tecnoloxías TIC.

Na quenda dos grupos, a nacionalista Montse Prado preguntou "cara a onde" entende que hai que avanzar a Xunta, tendo en conta que se move nun "mercado terciarizado no que está a desaparecer o traballo industrial". A socialista Patricia Otero criticou que o PP "non aposta decididamente" polo servizo de orientación, peza ao seu xuízo "crave" nas políticas activas de emprego. "Hai que dotalo de recursos humanos e materiais e executar o orzamento", aseverou.

Por parte de En Marea, Paula Vázquez Verao apostou por que o cambio tecnolóxico dirixa o servizo "cara ao benestar e non a desigualdade". "Botamos en falta a conexión dos servizos de política social", avisou, reclamando un "compromiso claro coa integración" e reprochando que a Xunta "fomenta a contratación a través de ETT". Por último, o popular Moisés Rodríguez defendeu un servico "máis próximo" nun "mercado dinámico" e aludiu ao "fundamental" do diálogo social para lograr mellores empregos.

Na réplica, Alfonso Marnotes fixo unha comparativa de cifras de 2015 e 2018, para saber "como evolucionaron os servizos". "Incrementouse o número de persoas atendidas nun 58%, o colectivo que máis incrementou a súa atención foi menores 30 anos, que se duplicou e houbo un 80,7% de servizos máis de orientación", expuxo. Neste contexto no que, segundo asegurou, "aténdese a máis persoas e con máis intensidade", engadiu que, "segundo grao de inserción", esta incrementouse nun 161%, de acordo cos seus números.

Oficina de emprego. EUROPA PRESS - Archivo
Oficina de emprego. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta