O Sergas atribue o recorte de fondos para investigación sanitaria á finalización dun proxecto europeo

O deputado do PSdeG Xulio Torrado pediu que se eleven ao Consello de Contas os números dos fondos que foron entregados para investigación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O deputado do PSdeG Xulio Torrado criticou a redución orzamentaria para a investigación sanitaria en Galicia, o que o xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa, atribuíu á fase de finalización na que se atopa un dos proxectos europeos nos que participa a Axencia de Coñecemento en Saúde. Coincidindo na "importancia" que ten esta investigación para a cidadanía "e para o futuro da asistencia", Fernández Campa expuxo que os fondos polos que preguntaba o socialista inclúen dúas partes.

A primeira, segundo o xerente do Sergas, é o gasto correspondente ao programa 'Bibliosaúde' e aos contratos "que veñan de programas financiados polo Instituto Carlos III". Neste apartado, asegurou que a contía "se incrementou respecto de 2018". Con todo, do segundo ámbito, o relativo á mencionada axencia, argumentou que "se reduce o orzamento en 2019" porque un do tres proxectos europeos que ten asignados "está a finalizar".

En calquera caso, o responsable do Sergas avanzou que "se aprobou unha acción piloto nova" e que espera que "se poida recibir unha dotación adicional de fondos" en diante. Pola súa banda, Torrado lamentou que "non hai forma de constatar" os números achegados e instou á Xunta a pasar esta información ao Consello de Contas. Campa xustificou que non se faga porque en Galicia "non está prevista" a figura en relación aos organismos públicos de investigación.

Saúde. XUNTA
Saúde. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta