Pachi Vázquez e exmilitantes do PSdeG queren crear un novo partido

Din que foron "marxinados e purgados" pola actual dirección.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Exmilitantes socialistas afíns ao que fora secretario xeral do PSdeG entre 2009 e 2013, Manuel 'Pachi' Vázquez, estudan a posibilidade de presentar un novo partido de cara ás próximas eleccións municipais.

Pachi Vázquez
Pachi Vázquez

Segundo explicou o propio Pachi Vázquez, esta "posibilidade" está a ser analizada por diversos exsocialistas e militantes que se "ven marxinados e purgados" pola actual dirección. Con todo, precisou que é unha cuestión "puntual" que aínda non está pechada e que dependerá de se continúan este tipo de actitudes por parte das direccións do PSdeG.

Así, o que fora líder do Partido Socialista de Galicia entre os anos 2009 e 2013 e conselleiro con Emilio Pérez Touriño lembrou que en municipios ourensáns como O Carballiño e Maceda están a producirse este tipo de "purgas". Ademais, asegurou que tamén recibiron chamadas doutras provincias.

A opción que analizan estes afíns a Pachi Vázquez sería a posibilidade de crear un novo partido tendo en conta que o propio exsecretario xeral do PSdeG rexeitou a posibilidade de integrarse en Ciudadanos.

Precisamente, cando abandonou as filas socialistas o pasado mes de decembro, Pachi Vázquez asegurou que, tras tomar "unha das decisións máis difíciles" da súa vida, aqueles que o quixesen buscar atoparíano "da raia do medio cara á esquerda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta