Anova ve no arquivo da denuncia do PP polos pisos da Coruña o fin dunha campaña de "mentiras"

Desde a formación política insisten que todo foi unha manobra para alimentar o "todos son iguais" para desviar o foco "das súas prácticas mafiosas"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/02/2019 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

A organización Anova celebrou o arquivo, acordado pola Fiscalía, da denuncia do PP pola compra de pisos sociais por parte do goberno da Marea Atlántica, unha decisión que, ao seu xuízo, "pon fin a unha operación de mentiras e falacias".

Nun comunicado, e tras unha denuncia que o PP dirixía contra os concelleiros de Contratación, Alberto Lema, --de Anova-- e o de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, pola compra, en concurso público, de dous pisos propiedade dun asinante do manifesto da Marea, Anova afirma que este venres termina "unha operación chea de falacias, mentiras e manipulacións".

Así, reprocha ao PP levar a cabo "unha campaña de difamación" e promover "un asedio de acoso e derriba" que, ao seu xuízo, buscaba alimentar o "todos son iguais, para desviar o foco das súas prácticas mafiosas".

"E atacar os movementos progresistas que están a realizar políticas públicas para o ben común", engade. Por iso, esixe desculpas públicas "polas irresponsables acusacións vertidas durante este tempo", unhas desculpas que fai extensivas tanto ao goberno local como aos funcionarios.

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez. EN MAREA
O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez. EN MAREA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta