Piden tres anos de prisión para o suposto agresor de dúas persoas nunha discoteca de Santiago

Está acusado de dous delitos de lesións en relación a uns feitos ocorridos en outubro de 2016.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, celebrará este mércores, día 20 de febreiro, un xuízo contra un home acusado de agredir dúas persoas nunha discoteca de Santiago de Compostela, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Polos feitos que se lle imputan, a Fiscalía pide unha pena de tres anos de prisión.

O Ministerio Fiscal tamén reclama o pago dunha multa durante dous meses a razón de dez euros e a responsabilidade persoal subsidiaria para o caso de falta de pagamento.

Segundo relata no seu escrito de cualificación o Ministerio Público, sobre as 05,40 horas do 29 de outubro de 2016, o acusado acometeu o prexudicado "con ánimo de menoscabar a súa integridade física". Para iso, achegouse "sorpresivamente" por detrás, "empuxouno con forza" e "tirouno  ao chan".

"Unha vez alí, propinoulle toda unha serie de patadas, especialmente no rostro. As patadas que lle propinou no ollo dereito puxeron en perigo concreto a integridade deste órgano", explica a Fiscalía.

Pola súa banda, unha muller que acompañaba o agredido, tentou que o home deixase de golpealo, pero o acusado "agarrouno polo pelo e arrastrouno polo chan".

Xulgados De Santiago, en Fontiñas
Xulgados De Santiago, en Fontiñas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta