A esquerda galega busca "frear" a tríada da dereita estatal, pero farao con novas fórmulas electorais

As organizacións que formaron parte da confluencia En Marea nos comicios de 2015 e 2016 -Anova, EU e Podemos-, así como o propio partido instrumental, xa dan por feito que se presentarán ás xerais por separado. O BNG ve estas novas eleccións como unha "oportunidade" para Galicia e o PSOE chama a votar para facer fronte a PP, C's e Vox

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/02/2019 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O anuncio da convocatoria de eleccións xerais para o vindeiro 28 de abril dá paso a un escenario político incerto. Nun contexto no que a dereita española pode gañar moito espazo, as forzas galegas de esquerda centran os esforzos en "frear" o avance da "deriva autoritaria", concepto co que Anova se referiu ás tendencias de PP, C's e Vox. Iníciase entón un tempo de diálogo entre partidos para estudar posibles concorrencias, con probables cambios respecto da fórmula electoral empregada en 2015 e 2016: mentres En Marea anunciou que se presentará ás eleccións como "formación propia", Anova non citou esta forza ao avanzar que inicia conversas con Esquerda Unidos e Podemos.

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo

A desobediencia de catro dos cinco deputados de En Marea no Congreso durante a votación dos PGE abriu unha nova fenda no partido e impulsou a decisión de presentarse como "formación propia", segundo confirmou Luís Villares. Hoxe mesmo darán inicio ao proceso de primarias do que resultará o candidato final e o líder de En Marea convidou a que "compañeiros e compañeiras", aínda que sexan militantes "doutras forzas políticas", "participen activamente neste proceso e na conformación de candidaturas.

Se ben o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro apostaba por deixar a un lado "as disputas políticas internas" e conformar unha candidatura "forte e unida" de cara ao 28 de abril, semella que esa idea non seguirá adiante. A fío diso, hai uns días, o portavoz de Anova, defendía que a fórmula é "secundaria", pero pedía "sumar o máximo posible" para "frear a ultradereita". 

Así, esta organización -Anova- vén de anunciar que iniciará procesos de diálogo con Esquerda Unida e Podemos Galicia, pero non cita en ningún momento posibles conversas co partido instrumental, En Marea. A formación pide reforzar o proxecto de "Unidade Popular" en Galicia como forma de facer fronte ao bloque "reaccionario" que compoñerían o PP, Ciudadanos e Vox. 

Aseguran que as eleccións de abril non serán uns comicios calquera, pois deles sairá unha "solución democrática ou autoritaria", así que pretenden "activar, política e socialmente", unha "maoría cidadá" que "derrote" as tendencias "ultraconservadoras" da tríada da dereita.

UNHA "OPORTUNIDADE" PARA QUE GALICIA TEÑA "VOZ PROPIA"

Pola súa parte, o Bloque Nacionalista Galego xa lanzou a súa comisión electoral, na que Rubén Cela se ocupará da coordinación política de campaña. O discurso que manteñen dende o BNG é o de considerar o 28 de abril como unha "oportunidade" para "devolverlle a Galicia a voz propia" no Congreso. 

Ana Pontón, portavoz nacional, criticou o facer político doutras forzas galegas e asegurou que vale máis un dos seus deputados en Madrid ca os 23 "subordinados" de PP, PSOE e En Marea.

PSOE

Tamén representantes do PSdG falaron de facer fronte aos partidos da dereita española. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, insistiu na necesidade de chamar a xente a votar nun momento no que "PP, C's e Vox decidiron converter a política nun campo bélico"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

6 A come-lo caldo

Xa me explicaredes porqué IU, Podemos e o sector servil e domesticado de Anova sn esquerda galega e o PP, CS e Vox son dereita estatal, Para min son todoa forzas nacionalistas españolas.

5 uu1

Citando a Castelao, “Sendo galego non debo ser máis que galeguista”, máis unha, para cando e volvendo a citar a Castelao un “Partido Galeguista como abandeirado de tódalas reivindicacións da Nosa Terra... O Partido Galeguista, que leva no seu seo dúas forzas aparentemente contraditorias, pero complementarias, que lle dan serenidade e permanencia,...”

1 nostrus

¿“Sendo galego non debo ser máis que galeguista”?, enton sendo home non deberia ser mais que machista. Castelao era asi. Tamen dixo nunha ocasion que Extremadura era o lugar mais despreciable de España. ¿Seria tamen racista?. Non é de extrañar que Castelao fose así, porque si nos fixamos na traxectoria de todos os pais dos nacionalismos foron asi, Companys, Masiá, Sabino Arana, pode que Blas Infante fose a excepcion, pero do resto ninguén se libra da queima.

2 urco

Hai quem sendo nado na Galiza nom é mais que espanholista galegófobo, valha a redundância. Tem que haver de todo.

3 uu1

Máis citas de Castelao “Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a convivir con tódalas razas, o nacionalismo racista é un delito e tamén un pecado. Endexamais medimos os diámetros do noso cráneo, nin llo medimos a ninguén para ser ademitido na nosa comunidade”. Castelao foi homenaxeado polas asociacións de negros de Nova York nun momento en que a segregación racial non se puña en dubida.

4 Gustavo

Castelao, ese home que foi deputado polo Frente popular, ou ministro do Goberno da República no exilio. Si fora hoxe, para vós sería un "traidor", e tan anchos quedábades.

4 antón de guizán

Beiras aposta por Yolanda Díaz

3 Marqués de Galapagar

BNG e En Marea deberían formar unha coalición electoral técnica para as Xerais, tendo en conta a natureza semiproporcional do sistema electoral. Villares ten máis en común con Pontón que con Montero ou Iglesias.

2 enxoito

É o momento de ensaiar unha grande coalición entre as forzas de obediencia galega, con dous obxectivos prioritarios: 1-Resituar a Galicia no escenario estatal, nun momento no que se está a decidir o futuro modelo territorial; e 2-Tender unha ponte aos votantes e militantes enganados e traizoados pola esquerda estatal para que volvan apoiar unha alternativa política inequivocamente galega.

1 lóstrego

Polo que percibo, os que se foron do bng persisten no entreguismo a Madride. Agardo que os que no seu momento picamos no anzol da "unidade popular", desta vez recuperemos a concienza e arrimemos o hombreiro co bloque. Non hai outra alternativa en clave galega. Ogallá haxa coalición con bildu e erc tamén nas xerais.

2 enxoito

Lóstrego: eu aos únicos que vexo teimar nunha estratexia inexplicable é á dirección actual de ANOVA. En canto a Bildu e ERC, dubido moito que precisen de nós para nada. Eles sí que fixeron os deberes e hai tempo xa que unificaron os seus espazos, abríndollos ás súas sociedades respectivas. Por iso ambos superan o 20%. O noso traballo está en Galicia, non fora, sexa Madrid ou calquera outro lugar.

3 lóstrego

Penso que sería interesante electoralmente (animaría a moita máis xente a participar e cuantitativamente sae máis rendible), a coalición de forzas soberanistas no ámbito estatal.

4 Sentidiño

A coalición ten sentido na circunscrición estatal. Nunha votación por provincias o importante é sobardar o mínimo... e se gañase a ultradereita, xa temos experiencia de cómo permiten ou prohiben a creación dos grupos parlamentarios: Bildu sairía prexudicado por terse presentado en máis provincias.