O PSdG repróchalle a Feijóo que volva "desdicirse" tras reclamar xerais "canto antes"

Gonzalo Caballero contrapón a "opción de progreso" de Pedro Sánchez coa "parálise" de Casado, que "pola arte de birlibirloque conseguiu mestrados e licenciaturas". Alertou, tamén, sobre os posibles pactos do PP coa ultradereita

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, botou en cara ao líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "agora se desdí unha vez máis" tras reclamar eleccións xerais "canto antes".

"Feijóo dicía onte (polo venres) que o país ía estar paralizado, o mesmo Feijóo que co PP reclamaba eleccións xerais canto antes e que agora se desdí unha vez máis; anuncia que se vai paralizar o país os próximos meses cando foi o PP o que reclamaba eleccións xerais", reprochou Caballero.

En declaracións aos medios este sábado en Marín, onde presentou ao candidato á Alcaldía, Manuel Pazos, destacou que o PSdeG encara "con toda a forza e vitalidade" os próximos procesos electorais.

A respecto diso, avoga por "consolidar unha maioría de progreso liderada polos socialistas" e por "Pedro Sánchez", a "mellor opción para os galegos", "fronte ao retroceso que representa o PP".

"Os cidadáns van ter que elixir entre unha opción de progreso liderada por Pedro Sánchez ou unha opción de parálise e colapso liderada por un Casado, que pola arte de birlibirloque conseguiu mestrados e licenciaturas pola universidade, dirixido por Aznar e cun pacto coa ultradereita que non convén á maioría social", avisou Caballero.

Por outra banda, mostrou "todo o respaldo" ao "proxecto de cambio" de Manuel Pazos como candidato en Marín, ante a "incapacidade de diálogo" do actual goberno local e para "gobernar para unha maioría".

PACHI VÁZQUEZ

Noutra orde de cousas, preguntado sobre a posibilidade de posta en marcha dun novo partido impulsado polo que fora secretario xeral do PSdeG entre 2009 e 2013, Manuel 'Pachi' Vázquez, con militantes socialistas afíns, Caballero remitiuse ás súas declaracións do venres nas que falaba dunha "operación persoal".

Gonzalo Caballero en Marin. PSDEG
Gonzalo Caballero en Marin. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta