Un imposto especial á caza, a nova proposta dos animalistas

Suxiren o pagamento anual de 100 euros por cazador e 2.000 por coto de caza para obter fondos cos que "contrarrestar" o "impacto ambiental e animal" da práctica desta actividade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber propuxeron este sábado o establecemento dun novo imposto especial á caza "para contrarrestar o seu terrible impacto sobre o medio natural e sobre os animais". Aseguran que poderían chegar a reunirse máis de catro millóns de euros cos que poñer en marcha, por exemplo, políticas de prevención contra o abandono animal

Tal como sinalaron ambas asociacións nun comunicado, cada ano vértense sobre os montes galegos "centos de miles de perdigóns de chumbo", un metal "altamente tóxico" que, segundo os animalistas, "contamina acuíferos, pastos e aos propios animais". Os colectivos animalistas xa teñen advertido noutras ocasións de que esta substancia ten consecuencias negativas sobre o medio e "chega a resistir á degradación durante centos de anos", ademais de que "pode ser inxerido" por diferentes animais.

Cazador Nun Camiño Público. ANGEL SANCHEZ C. - Arquivo
Cazador Nun Camiño Público. ANGEL SANCHEZ C. - Arquivo | Fonte: Europa Press

Xa que o uso desta munición de chumbo "tan só está prohibido en humidais", Libera e Franz Weber lamentan que o resto de espazos "están a mercé dos escopeteros". 

Do mesmo xeito, tamén alertan sobre os efectos prexudiciais para a saúde das persoas. "Este metal pesado é nocivo para as persoas que consomen carne de caza, tal e como sinalou de maneira recente a Axencia Europea de Sustancias e Mesturas Químicas", apuntou Libera.

Sendo así, estas asociacións animalistas propuxeron un pago de 100 euros ao ano por cada cazador e 2.000 euros por coto de caza,  taxas coas que esperan "obter fondos para combater este problema".

Segundo cálculos dos animalistas, poderíanse recadar catro millóns de euros "só coa taxa individual", unha contía que tamén serviría, ao seu parecer, para impulsar "políticas preventivas contra o abandono animal e o seu comercio irregular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 Kiol

Coincido é que resulta prioritario establecer un novo imposto - de polo menos 300 euros ao mes - para os donos de cans, gatos e outras mascotas que cada día invaden máis nosas cidades e vilas. Por moitos parques, rúas e xardíns xa non se pode nin pasar sen medo a que algúns cans totalmente soltos devórenche. Evidentemente os responsables son os donos, ante o cal as autoridades non fan absolutamente nada

6 MARÍA

Calquera colectivo animalista o ecologista podría echar abajo la mayoría de los TECORES de Galicia, ya que no cumplen con un requisito básico que exige la ley como es la autorización de los propietarios de los terrenos forestales para que sean esos terrenos clasificados como cinegéticos. Sería muy interesante que cualquiera de estas asociaciones hiciesen una recogida de donativos y acudir a los tribunales con un contencioso administrativo, creo que con 3000 € ya se puede hacer mucho y seguro que muchísima gente haría donativos sin dudarlo, yo la primera. Soy letrada de la Xunta de Galicia y se muy bien de lo que hablo.

1 nostrus

Muy bien señora ilustrada, pero el impuesto mejor para los animalistas y que sirva para subvencionar a los cazadores.

5 anonimo

E de broma ter que escoitar que os cazadores son os " xardineiros" da natureza. Por favor. Matan todo bicho que se mova ( e, de feirto, alguna vez matan alguna persoa ). Seica todos lles temos que estar agradecidos. Sinto, pero non cola. E xustamente ao revés. Os cazadores son un residuo medieval que hoxe está demais. Son algo fora do tempo. Son o que queda de brutalidade e o embrutecemento do neolítico.

1 nostrus

Los cazadores no matan todo lo que se mueve (excepto algunos) y del mismo modo los conductores no atropellan a la gente (excepto algunos). Si por el hecho de que haya cazadores irresponsables te sirve de argumento para prohibir la caza, tambien habria que prohibir conducir coches alegando de que hay muchos irresponsables que conducen borrachos y atropellan a la gente.

4 Farto de limpar as suelas

E para cando outro os cans das cidades??

1 nostrus

Os cazadores bastante fan colaborando para que os xabarins non nos coman e inda porriba poñendo pasta. Os cazadores comportanse coa fauno do mesmo xeito que un xardineiro ca flora e os animalistas, si queren facer algo pola Natureza que se adiquen a limpar o monte e as pistas e si non o imposto que sexa para eles. Os cazadores pagan por selo e inda a maiores crean postos de traballo e os animalistas o unico que fan e dar a nota.

3 Cruña

Vamos, que al final es una cuestión de pasta, pasta gansa. Y por supuesto, que desean que este nuevo diezmo vaya posteriormente a los bolsillos de los animalistas. Lo de siempre.