Unha colisión na AP-9 á altura de Portas (Pontevedra) sáldase con dous feridos

O choque entre dous automóbiles produciuse no quilómetro 115, dirección Pontevedra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

Dúas persoas tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios en Portas (Pontevedra) ao chocar dous coches na AP-9, no punto quilométrico 115 en sentido a Pontevedra, preto das 22,30 horas deste sábado.

Varios condutores que circulaban pola vía alertaron ao 112 Galicia do accidente. O Servizo de Emerxencias puxo entón a situación en coñecemento das 061-Urxencias Sanitarias, dos bombeiros de Vilagarcía e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Ademais, tamén pediu a colaboración dos membros do GES de Valga e dos voluntarios de Protección Civil de Portas.

Tráfico
Tráfico

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta