Morre un octoxenario en Arteixo tras ser atropelado por un condutor, que deu positivo en alcol

O motorista tamén resultou ferido

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Un home de 83 anos perdeu a vida a pasada noite deste sábado no concello coruñés de Arteixo tras ser alcanzado polo condutor dunha motocicleta, que deu unha taxa positiva no control de alcolemia.

Tal como sinalou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos ao redor das 22,30 horas, cando varias chamadas pediron asistencia sanitaria para dúas persoas que se atopaban inconscientes na Travesía de Pastoriza da localidade.

Desta maneira, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) púxose en contacto cos servizos médicos de emerxencia, así como coa Garda Civil de Tráfico, cos axentes da Policía Local e cos efectivos de Protección Civil.

A pesar dos esforzos dos sanitarios, nada puideron facer por salvar a vida da persoa. Ademais, o condutor do vehículo, ferido de consideración, foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Segundo informou a Policía Local de Arteixo a Eruopa Press, o octoxenario cruzou por un lugar "non habilitado" e o condutor, de 54 anos, deu positivo en alcolemia. Tras atropelar o ancián, tamén resultou ferido, polo que se atopa ingresado no Centro Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Así, os axentes confirmaron que se trasladarán dilixencias ao xulgado por un delito de homicidio imprudente e por un delito contra a seguridade viaria.

Control de alcolemia
Control de alcolemia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta