Os galegos presentaron 270 demandas en liña para reclamar falta de pagamentos nos últimos cinco meses de 2018

Trátase dunha fórmula xudicial vía telemática que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

Os galegos presentaron un total de 270 procedementos monitorios a través da sede xudicial electrónica nos últimos cinco meses de 2018. Trátase dunha fórmula xudicial utilizada para reclamar falta de pagamentos que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador.

A presentación telemática de procedementos monitorios comezou a implantarse o pasado ano nos órganos xudiciais de Vigo e A Coruña e, actualmente, xa está habilitada en todos os partidos xudiciais para os procedementos monitorios das xurisdicións civil ou social.

A Xunta informou que a través de https://sede.xustiza.gal os cidadáns tamén poden facer un seguimento do procedemento e consultar os expedientes xudiciais dos que son parte a través do espazo 'O meu cartafol', que durante 2018 rexistrou máis de 11.000 accesos. Na sede tamén se pode comprobar a autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia, e dar de alta un apoderamento de maneira electrónica.

O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial.

A sede tamén está accesible a través do portal 'xustiza.gal', no que están dispoñibles a axenda de sinalamentos de vistas, o calendario de gardas, a calculadora de taxas xudiciais ou o censo de letrados.

A posta en marcha da sede xudicial electrónica foi un dos fitos previstos no Plan Senda 2020, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Presidencia e os profesionais do campo xudicial.

Cun orzamento de máis 26,6 millóns de euros, o Plan Senda 2020 "é a estratexia para consolidar o traballo previo realizado no Plan Senda 2014 e que sentou as bases do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, onde están en marcha todas as pezas que permitirán unha xustiza integramente dixital".

As demandas preséntase en liña
As demandas preséntase en liña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta