Así presumen e defenden os galegos de segunda xeración de Suiza da cultura e as tradicións de Galicia

Fillos de emigrantes en Suiza levan anos mantendo e preservando a cultura galega lonxe do país.

Por Galicia Confidencial | Xenebra | 18/02/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Noemí, Sebastián, Patricia e Adrián son fillos de emigrantes en Suiza e foi neste país onde aprenderon a amar a cultura dos seus pais.

Un grupo de mozos, fillos de emigrantes galegos na Suiza, prepáranse para un baile galego, a muñeira de Cabaleiros
Un grupo de mozos, fillos de emigrantes galegos na Suiza, prepáranse para un baile galego, a muñeira de Cabaleiros

Os tres forman parte da Asociación Irmandade Galega na Suiza, unha entidade que é xa a súa segunda casa. Esta asociación naceu en 1973, fundada tras a masiva emigración de galegos a este país durante os anos 70.

Alí  aprenden, sobre todo, a preservar o legado cultura dos seus antergos, especialmente, a música e o baile. Por iso, a maioría deles baila e toca algún instrumentos. 

Noemi comezou a bailar desde ben noviña, cando tiña seis ano. Hoxe, tamén canta, toca o tamboril e a gaita. Tamén Sebastián e Patricia destacan que o de bailar ven polo amor á cultura dos seus pais. Adrián, tamén aprendeu a tocar cunha gaita da asociación ata que veu a Galicia e comprou o seu propio instrumento.

Podes coñecer a súa historia nesta reportaxe do medio suizo Lemanbleu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Nemocoira

Alá ghú akbár Al-Mayryt!!! O que hai que oir por non ser xordos... Que os contraten os das mareas pra actuar no congreso. Aínda non coñezo un só centro galego (e teño visitado moitos) que non me fixera sentir vergoña allea. Non temos cura.

2 madrileiros bloqueiros

O do Bloque é patolóxico. Pero non era aquel señor chamado Bautista Álvaez, un dos xefazos da UPG, un forobo a morrer del REAL MADRID DE TODAS LAS ESPAÑAS????

1 Cirigaitas

Ao final Cágana sendo Galegofutboleiros Traidores ao País con ese Miserabel Final: Hala Madrid!!!!....que Flagrante Desubicación, meu deus!.