Galicia tremeu esta fin de semana: cinco sismos na provincia de Lugo e un en Santiago

A Montaña lucense -concretamente, Triacastela, Baralla, Becerreá e As Nogais- sufriron varios sismos. A súa magnitude non superou os 3 puntos en ningún caso

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou ao longo desta fin de semana ata un total de seis terremotos de distintas intensidades. Seis deles producíronse en localidades da provincia de Lugo e un na contorna da cidade de Santiago.

Segundo a información que recolle o Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro dos sismos produciuse precisamente na capital de Galicia. Santiago rexistrou ás 03.10 horas da madrugada do sábado un tremor de magnitude 2.2, localizado a 9 quilómetros de profundidade.

A partir de aí, os seguintes movementos sísmicos concentráronse na comarca da Montaña luguesa. Ás 11.34 horas do sábado, Triacastela sufriu un tremor de magnitude 2,5. Durante o resto do día a provincia mantívose en calma ata que cara á noite se rexistraron ata tres sismos máis. Triacastela tremeu de novo, con magnitude 2,2, ás 23.35 horas, cun terremoto rexistrado nunha profundidade de 6 quilómetros.

O seguinte foi en Baralla, a 23 quilómetros de profundidade e o de maior intensidade, alcanzando unha intensidade de 3.0 puntos, ás 23.38 horas. O seguinte foi en Becerreá, de 2.9 punto, ás 23.52 horas. Finalmente, ás 00.16 horas, xa neste domingo, As Nogais tamén rexistrou un tremor de 1,9 puntos.

Triacastela é un dos puntos de Galicia con máis sismos
Triacastela é un dos puntos de Galicia con máis sismos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta