O 061 atendeu a 78 persoas debido a 57 accidentes de tráfico a fin de semana.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 78 persoas debido a 57 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana na rede viaria da Comunidade galega, das que unha morreu.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 78 persoas debido a 57 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria da Comunidade galega, das que unha morreu.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 15 de febreiro e as 23,59 horas do domingo 17 un total de 67 chamadas en relación con sinistros de circulación.

Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 66. En concreto, as ambulancias realizaron 64 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias prestaron asistencia en dous sinistros.

En 64 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en 13 ocasións recibiron atención no lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto. A proporción de homes atendida situouse no 61 por cento, mentres que a de mulleres reduciuse ao 39%. En canto ás idades dos feridos, o 34% dos atendido tiña entre os 20 e 34 anos.

A Coruña, con 22 sinistros, foi a provincia que rexistrou máis accidentes de tráfico durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 19; Lugo, con 12; e Ourense, con catro.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta