Ferreiro pon a Marea Atlántica como exemplo de "unidade" e "espazo pacificado"

O alcalde da Coruña celebra que a súa lista "consegue a unidade de todas as sensibilidades de Marea Atlántica".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/02/2019 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reivindicou o proceso de primarias de Marea Atlántica como o reflexo dun espazo de "unidade", despois de que a fin de semana continuase o proceso para votar a única lista presentada, a do actual rexedor.

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña | Fonte: Europa Press

Ferreiro manifestou non dispoñer aínda de datos sobre o resultado, pero destacou o "traballo previo" feito para acordar un sistema de primarias "onde fose posible visualizar a unidade".

Da lista que encabeza, afirmou que "consegue a unidade de todas as sensibilidades de Marea Atlántica". Ademais, reivindicou que esta marea municipalista é "un espazo  pacificado". "Onde non hai discusións máis aló do ton normal", remarcou.

PROCLAMACIÓN DE RESULTADOS

No proceso impulsado por Marea Atlántica, a proclamación definitiva dos resultados coñecerase o 21 de febreiro e sete días despois, o 28, incluirase o nome de 'notables' que se incluirán na lista elixida previamente.

Unha lista na que, tras Ferreiro, sitúanse cinco dos seus actuais edís nos primeiros postos, seguidos do seu xefe de gabinete no posto sete e dun representante de Podemos no oito. A lista, de vinte persoas, conta con once mulleres e nove homes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta