Son 40 os millóns que cobran os que levaron ás caixas á ruina

Tras filtrarse as indemnizacións dos ex-directivos de Caixanova, agora coñécense as dos de Caixa Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/10/2011 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Era cuestión de tempo. A filtración, dende a propia entidade, das enormes cantidades que cobraron os directivos de Caixanova, uns 20 millóns, desatou unha enorme tormenta política e de indignación cidadá.

None

Faltaba coñecer canto cobraran os seus homólogos de Caixa Galicia, antes de abandonar tamén a dirección da NCG, que acaba de rescatar o Estado como produto, entre outros factores, da pésima dirección destes executivos cegados pola cobiza do 'boom do ladrillo'.

A filtración publícaa desta vez Faro de Vigo, diario con bos contactos na cúpula de Caixanova.

"Dos exdirectivos de Caixa Galicia, José Luis Méndez, director general hasta septiembre de 2010, y Javier García de Paredes, antiguo director general adjunto, y otros ex altos cargos de la entidad que tenía sede en A Coruña recibieron en torno a 20 millones al abandonar la cúpula de la caja gallega ....) Otros cinco altos cargos de la caja, entre los que se encontrarían Juan Dapena y Julio Rivero, también procedentes de Caixa Galicia, recibieron también compensaciones".

Búscase responsábel político

E quen o responsábel político de que os directivos de dúas entidades salvadas con millóns de euros públicos marchen á casa con uns 40 millóns en indemnizacións? Como era de agardar, ninguén pronuncia o 'mea culpa'.

O presidente da Xunta bota balóns fóra. O Executivo nomea un representante no Consello de Administración de Novacaixagalicia, como nomeaba un representante nos de Caixanova e Caixa Galicia. O Goberno Galego tutelou ademais a fusión das caixas, arremetendo numerosas veces contra o Banco de España cando Madrid alimentaba dúbidas sobre a solvencia das entidades.

Con todo, Alberto Nuñez Feijóo teima en culpar ao Banco de España, dependente do Estado, por non controlar a tolemia inmobiliaria. Velaquí as súas explicacións, un tanto confusas, onte nun almorzo informativo de EP:



Nin Feijóo nin a Conselleira de Facenda compareceron aínda na Cámara para dar explicacións oficiais.

O PP culpa agora a unhas medidas contra as que non votou

A nivel estatal, o PP tamén culpa a ZP do decreto do FROB que falcultou o rescate dos bancos sen pór límites ás indemnizacións dos directivos. Cómpre lembrar que o PP non votou en contra dese decreto nas Cortes.

En Galicia, o representante do Concello de Pontevedra no consello de Administración, José Luis Veiga (BNG) pediu a dimisión inmediata de todo o consello de administración. Polo de agora só demitiu Mar Barcón, que levaba anos como conselleira de Caixa Galicia.

Os nacionalistas, que xa o principio do proceso advertiron que todo acabaría coas caixas privatizadas, levan días reclamando unha Comisión de Investigación no parlamento. Nin PP nin PSOE queren escoitar dela.

Mentres, seguen medrando as dúbidas sobre a xestión de Caixanova e Caixa Galicia. Para mostra, o escuro negocio da compra dunha hidroléctrica no Perú en pleno proceso de rescate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

23 borregos vota pp

A galeguidade do señorito frijolín: cargarse as caixas galegas e a obra social, exterminio d lingoa propia, aumento criminal do paro galego, desmantelamento dos servizos públicos básicos en prol de intereses privados, despilfarro en subvencións millonarios a bandas ultrarrelixiosas e fanáticas, censura, coruuppción....VEÑA BORREGADA VIVA O PP!!!!

22 pero

este era protexido e da camarilla do mafioso da coruña, non sei cantas medallas lle concedeu e por suposto no panfleto todo loubanzas e maravillas, que grandes loas lle adicaba o robertito nas súas homilias...

21 En pé

Teño vergoña polos que non a teñen. Os deuses do mundo, son o diñeiro e a iñorancia. Os banqueiros, actúan como "demos", chupan e chupan .e levan o que rouban a paraísos fiscais. Os gobernos e os políticos de tódolas cores, nin se decatan, deixan pasar.....e logo poñen "o cazo", e para quedar ben, falan en contra, ou liscan..... Estou e vou en contra, desta sociedade mentireira e corrupta.

20 jose luis mendez

nos ganamos ese dinero con creces, no os dais cuenta del trabajo que ocasiona y el gran dolor que nos produce desauciar las familias y dejarlas en la calle, el sacrificio a nivel personal de tomar decisiones importantes,

1 Bruar

José Luis, que grande home, que grande estómago, que grande carteira. Vai vostede Sr. José Luis ´Méndez moito á misa? Seguro que si, sabéndose defensor dos intereses do Opus Dei e non tendo remilgos en cobrar todo e máis do erario da Caja de Ahorros de Galicia. A última vez que o vin foi na primaveira, en abril si non lembro mal, saindo da Fundación. Soudou afectuosamente. Foi como ver a un caimán chiscando o ollo ás suas potenciais víctimas de dous quintales de peso. Que lle vaia ben e que non morra vostede dun cáncer ou similar, tanto lle debemos que si nos fixera falta seguro que nos devolvería dos 12.000.000€ que se levou por 29anos de servizos "impagables". O dito, que o seu Dios católico lle conserve a saude, que eu si vexo a vosa ilutrísima morrendo doente dubido moito de que dea un brazo no que apoiarse ainda que saiba que mañá pode morrer.

19 En pé

Teño vergoña polos que non a teñen. Os deuses do mundo, son o diñeiro e a iñorancia. Os banqueiros, actúan como "demos", chupan e chupan .e levan o que rouban a paraísos fiscais. Os gobernos e os políticos de tódolas cores, nin se decatan, deixan pasar.....e logo poñen "o cazo", e para quedar ben, falan en contra, ou liscan..... Estou e vou en contra, desta sociedade mentireira e corrupta.

1 En pé

Noxo, e a o lixo que hai.