Son 40 os millóns que cobran os que levaron ás caixas á ruina

Tras filtrarse as indemnizacións dos ex-directivos de Caixanova, agora coñécense as dos de Caixa Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/10/2011 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Era cuestión de tempo. A filtración, dende a propia entidade, das enormes cantidades que cobraron os directivos de Caixanova, uns 20 millóns, desatou unha enorme tormenta política e de indignación cidadá.

None

Faltaba coñecer canto cobraran os seus homólogos de Caixa Galicia, antes de abandonar tamén a dirección da NCG, que acaba de rescatar o Estado como produto, entre outros factores, da pésima dirección destes executivos cegados pola cobiza do 'boom do ladrillo'.

A filtración publícaa desta vez Faro de Vigo, diario con bos contactos na cúpula de Caixanova.

"Dos exdirectivos de Caixa Galicia, José Luis Méndez, director general hasta septiembre de 2010, y Javier García de Paredes, antiguo director general adjunto, y otros ex altos cargos de la entidad que tenía sede en A Coruña recibieron en torno a 20 millones al abandonar la cúpula de la caja gallega ....) Otros cinco altos cargos de la caja, entre los que se encontrarían Juan Dapena y Julio Rivero, también procedentes de Caixa Galicia, recibieron también compensaciones".

Búscase responsábel político

E quen o responsábel político de que os directivos de dúas entidades salvadas con millóns de euros públicos marchen á casa con uns 40 millóns en indemnizacións? Como era de agardar, ninguén pronuncia o 'mea culpa'.

O presidente da Xunta bota balóns fóra. O Executivo nomea un representante no Consello de Administración de Novacaixagalicia, como nomeaba un representante nos de Caixanova e Caixa Galicia. O Goberno Galego tutelou ademais a fusión das caixas, arremetendo numerosas veces contra o Banco de España cando Madrid alimentaba dúbidas sobre a solvencia das entidades.

Con todo, Alberto Nuñez Feijóo teima en culpar ao Banco de España, dependente do Estado, por non controlar a tolemia inmobiliaria. Velaquí as súas explicacións, un tanto confusas, onte nun almorzo informativo de EP:



Nin Feijóo nin a Conselleira de Facenda compareceron aínda na Cámara para dar explicacións oficiais.

O PP culpa agora a unhas medidas contra as que non votou

A nivel estatal, o PP tamén culpa a ZP do decreto do FROB que falcultou o rescate dos bancos sen pór límites ás indemnizacións dos directivos. Cómpre lembrar que o PP non votou en contra dese decreto nas Cortes.

En Galicia, o representante do Concello de Pontevedra no consello de Administración, José Luis Veiga (BNG) pediu a dimisión inmediata de todo o consello de administración. Polo de agora só demitiu Mar Barcón, que levaba anos como conselleira de Caixa Galicia.

Os nacionalistas, que xa o principio do proceso advertiron que todo acabaría coas caixas privatizadas, levan días reclamando unha Comisión de Investigación no parlamento. Nin PP nin PSOE queren escoitar dela.

Mentres, seguen medrando as dúbidas sobre a xestión de Caixanova e Caixa Galicia. Para mostra, o escuro negocio da compra dunha hidroléctrica no Perú en pleno proceso de rescate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

18 Queipo

Neste poleiro todos/as ou be tiñan cresta ou poñian ovos, os do BNG , PP, PSOE, e mirade por onde mantiveron unha cordialidade asombrosa cos raposos que residian no galiñeiro. Todo queda falado, e que no veña agora ningun monifate a defender súas siglas, esto ademais dun latrocionio e unha corrupción baixo do palio institucional. O que vai acontecer ante a inhibición da xusticia, e que alguén perda a pacencia e a morea de cartos que levaron non os poidan disfrutar, pois polo visto o exceso chama a escarmento exemplar.

17 ELVIRA

"¡Qué escándalo! ¡Qué escándalo! He descubierto que aquí se juega". Con esta frase cerraba, por mandato alemán, el capitán Renaud el café de su amigo Rick en "Casablanca", mientras, discretamente, en la misma escena, un empleado del café le hacía entrega de una bolsita ("Tenga, las ganancias de esta noche"). Perfecta escenificación de la representación que llevan a cabo estos días políticos, sindicatos y miembros del Consejo de Administración de NCG que, ¡por Dios!, hasta ahora no se habían enterado de nada, ni habían oido siquiera, sobre las indemnizaciones millonarias de la cúpula. Vaya por Dios. Les vuelve la vista y el oído cuando, dicen, que se ha acabado la pasta ... Habría que pedir responsabilidades y averiguar cuántas fueron "las ganancias de esta noche" para cada uno de ellos. Las hubo. Pueden estar seguros.

16 Lucense

Enfim, nunca tam de actualidade estivo este livrinho: http://www.akal.com/libros/Bancos-b...

15 tino

delincuentes, e fachas antigalegos

1 Deixémonos de coñas

Vamos a ver: "...delicuentes, fachas antigalegos, representantes del PP, PSOE y BNG, representantes de CCOO, UGT y CIG, representantes das diputacións provinciais, representantes dos alcaldes da Fegamp, representantes dos accionistas, etc...Todos, absolutamente todos, se lucraron, aprobaban as contas ficticias das caixas quebradas e chuparon dabondo até que a teta deixou de dar leite...Verdade que asi queda millor?

2 susavila

Hai que depurar responsabilidades, pois tino comeza polo BNG e a CIG, se cadra quédanche próximos. Nada esperamos do PP ou do pSOE, pero aquí tamén os do BNG tragaron co que lles poñían diante, asinaron e aplaudiron... Ou até pode ser que quitaran tallada, visto o asunto do Fernando Blanco e que agora a trama semella espallarse por moito empresario modelo. O que se está a destapar pode ser o máis gordo que teñamos escoitado, e non están libres os progres figurantes do nacionalismo galego de esquerdas. Moito que limpar, moito partido e sindicato de vendidos que poñer no paredón.

14 Nandiño

Tamén debedes de lembrar que había representantes dos partidos políticos nos Consellos de Administración das Caixas moi ben remunerados que ían a quentar as cadeiras e que tragaban con todo o que lles poñína por diante. Estes non teñen culpa de nada nin teñen responsabilidade ningunha?