Son 40 os millóns que cobran os que levaron ás caixas á ruina

Tras filtrarse as indemnizacións dos ex-directivos de Caixanova, agora coñécense as dos de Caixa Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/10/2011 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Era cuestión de tempo. A filtración, dende a propia entidade, das enormes cantidades que cobraron os directivos de Caixanova, uns 20 millóns, desatou unha enorme tormenta política e de indignación cidadá.

None

Faltaba coñecer canto cobraran os seus homólogos de Caixa Galicia, antes de abandonar tamén a dirección da NCG, que acaba de rescatar o Estado como produto, entre outros factores, da pésima dirección destes executivos cegados pola cobiza do 'boom do ladrillo'.

A filtración publícaa desta vez Faro de Vigo, diario con bos contactos na cúpula de Caixanova.

"Dos exdirectivos de Caixa Galicia, José Luis Méndez, director general hasta septiembre de 2010, y Javier García de Paredes, antiguo director general adjunto, y otros ex altos cargos de la entidad que tenía sede en A Coruña recibieron en torno a 20 millones al abandonar la cúpula de la caja gallega ....) Otros cinco altos cargos de la caja, entre los que se encontrarían Juan Dapena y Julio Rivero, también procedentes de Caixa Galicia, recibieron también compensaciones".

Búscase responsábel político

E quen o responsábel político de que os directivos de dúas entidades salvadas con millóns de euros públicos marchen á casa con uns 40 millóns en indemnizacións? Como era de agardar, ninguén pronuncia o 'mea culpa'.

O presidente da Xunta bota balóns fóra. O Executivo nomea un representante no Consello de Administración de Novacaixagalicia, como nomeaba un representante nos de Caixanova e Caixa Galicia. O Goberno Galego tutelou ademais a fusión das caixas, arremetendo numerosas veces contra o Banco de España cando Madrid alimentaba dúbidas sobre a solvencia das entidades.

Con todo, Alberto Nuñez Feijóo teima en culpar ao Banco de España, dependente do Estado, por non controlar a tolemia inmobiliaria. Velaquí as súas explicacións, un tanto confusas, onte nun almorzo informativo de EP:



Nin Feijóo nin a Conselleira de Facenda compareceron aínda na Cámara para dar explicacións oficiais.

O PP culpa agora a unhas medidas contra as que non votou

A nivel estatal, o PP tamén culpa a ZP do decreto do FROB que falcultou o rescate dos bancos sen pór límites ás indemnizacións dos directivos. Cómpre lembrar que o PP non votou en contra dese decreto nas Cortes.

En Galicia, o representante do Concello de Pontevedra no consello de Administración, José Luis Veiga (BNG) pediu a dimisión inmediata de todo o consello de administración. Polo de agora só demitiu Mar Barcón, que levaba anos como conselleira de Caixa Galicia.

Os nacionalistas, que xa o principio do proceso advertiron que todo acabaría coas caixas privatizadas, levan días reclamando unha Comisión de Investigación no parlamento. Nin PP nin PSOE queren escoitar dela.

Mentres, seguen medrando as dúbidas sobre a xestión de Caixanova e Caixa Galicia. Para mostra, o escuro negocio da compra dunha hidroléctrica no Perú en pleno proceso de rescate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

13 Andamolho

Eu proponho ponher o nome duma rua a cada um deles,um erro calquera o pode cometer e no fondo nao passa nada os quartos o ficar nos seus petos ficam nos petos galegos,porque eles som galegos, nao é.

1 xan soares

mais que galegos eu diria que son cidadans do mundo libro con domicilio fiscal nas illas caiman.

12 sara

En el órgano de control están, además de Gayoso, el copresidente Mauro Varela, Salvador Fernández Moreda (expresidente de la Diputación de A Coruña y líder provincial del PSdeG), Pilar Cibrán (designada por el Ayuntamiento de O Porriño con un gobierno del BNG), y Enrique Porteiro y Alfonso Zulueta de Haz (ambos representando a impositores). (EL PAIS) ... Feijóo si, os do PSOE e os do BNG tamén. De novo temos para todos: a casta política non exerce o control das caixas, deixan facer, ou mellor deixan que nos rouben.

1 bouzas

O compromiso do BNG co país, un exemplo: Pilar Cibrán Ferraz, dous libros editados na Galiza e os dous en castelán. Do outro compromiso, controlar os fondos das caixas para reverter no desenvolvemento do país, pouco máis hai que comentar se deixou facer -como todo apunta- aos de sempre. Ou será que hai compromisos tapados detrás da farsa do BNG actual? Unha razón máis para desconfiar do raposo!

11 hambrosio

FEIJOO DEBE DIMITIR! ISTO AÍNDA MÁIS ESCANDALOSO CA O TEMA DOS SOBORNOS!

1 SantiBurrínguez

Bueno, Hambrosio, vou a correxirte, y non protestes. Non se di "aínda máis escandaloso"; tes que decir "TODAVÍA máis escandaloso". Ten en conta que, bueno, eu fun profesor de galego y podo sentar cátedra... jajajajaa

10 Sinho

O do PIB de Galiza non me quedou demasiado claro, pretende que nolo creamos????

9 xan soares

Propoño facer un monumento cos nomes e as cantidades roubadas por políticos e banqueiros despois de deixar a boa parte da clase media sen casa e traballo. Que pasen a historia como ladróns insolidarios que é o que son.