Son 40 os millóns que cobran os que levaron ás caixas á ruina

Tras filtrarse as indemnizacións dos ex-directivos de Caixanova, agora coñécense as dos de Caixa Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/10/2011 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Era cuestión de tempo. A filtración, dende a propia entidade, das enormes cantidades que cobraron os directivos de Caixanova, uns 20 millóns, desatou unha enorme tormenta política e de indignación cidadá.

None

Faltaba coñecer canto cobraran os seus homólogos de Caixa Galicia, antes de abandonar tamén a dirección da NCG, que acaba de rescatar o Estado como produto, entre outros factores, da pésima dirección destes executivos cegados pola cobiza do 'boom do ladrillo'.

A filtración publícaa desta vez Faro de Vigo, diario con bos contactos na cúpula de Caixanova.

"Dos exdirectivos de Caixa Galicia, José Luis Méndez, director general hasta septiembre de 2010, y Javier García de Paredes, antiguo director general adjunto, y otros ex altos cargos de la entidad que tenía sede en A Coruña recibieron en torno a 20 millones al abandonar la cúpula de la caja gallega ....) Otros cinco altos cargos de la caja, entre los que se encontrarían Juan Dapena y Julio Rivero, también procedentes de Caixa Galicia, recibieron también compensaciones".

Búscase responsábel político

E quen o responsábel político de que os directivos de dúas entidades salvadas con millóns de euros públicos marchen á casa con uns 40 millóns en indemnizacións? Como era de agardar, ninguén pronuncia o 'mea culpa'.

O presidente da Xunta bota balóns fóra. O Executivo nomea un representante no Consello de Administración de Novacaixagalicia, como nomeaba un representante nos de Caixanova e Caixa Galicia. O Goberno Galego tutelou ademais a fusión das caixas, arremetendo numerosas veces contra o Banco de España cando Madrid alimentaba dúbidas sobre a solvencia das entidades.

Con todo, Alberto Nuñez Feijóo teima en culpar ao Banco de España, dependente do Estado, por non controlar a tolemia inmobiliaria. Velaquí as súas explicacións, un tanto confusas, onte nun almorzo informativo de EP:



Nin Feijóo nin a Conselleira de Facenda compareceron aínda na Cámara para dar explicacións oficiais.

O PP culpa agora a unhas medidas contra as que non votou

A nivel estatal, o PP tamén culpa a ZP do decreto do FROB que falcultou o rescate dos bancos sen pór límites ás indemnizacións dos directivos. Cómpre lembrar que o PP non votou en contra dese decreto nas Cortes.

En Galicia, o representante do Concello de Pontevedra no consello de Administración, José Luis Veiga (BNG) pediu a dimisión inmediata de todo o consello de administración. Polo de agora só demitiu Mar Barcón, que levaba anos como conselleira de Caixa Galicia.

Os nacionalistas, que xa o principio do proceso advertiron que todo acabaría coas caixas privatizadas, levan días reclamando unha Comisión de Investigación no parlamento. Nin PP nin PSOE queren escoitar dela.

Mentres, seguen medrando as dúbidas sobre a xestión de Caixanova e Caixa Galicia. Para mostra, o escuro negocio da compra dunha hidroléctrica no Perú en pleno proceso de rescate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

3 Botín

E que facían Salvador Fernández Moreda (PSOE) e Pilar Cibrán (BNG) na comisión de retribucións? Foron xunto cos demais membros, seis en total, os que propuxeron as indenmizacións. O PP non tiña a ninguén nesta comisión. Menos hipocresías señores da esquerda.

1 Black Crow

Tienes razón, hasta Ramoncín se hubiese olido algo.

2 Manolo2

Pues si. Esto es descacharrante. Mira que expertos ponían los políticos al frente de las comisiones que debían controlar estas cosas. Esto no puede ser. No puede haber tanta inocencia gratuita. http://www.elpais.com/articulo/Gali...

3 Manolo2 sen frenos

A túa linguaxe deixa ver o que tes na cabeza. Tes razón, estas cousas son por culpa dos políticos. A ver se aparece un caudillo, como Franco. Un líder que poña fin a estes abusos dos corruptos, os nacionalistas sobre todo, porque o franquismo nunca foi corrupto e o PP é un pouco corrupto a veces, vale, pero os outros máis.

2 Rabinovich

Probablemente convenga recordar algunas cifras: 20.000.000 de euros equivalen a 3.320.000.000 de pesetas, y los supuestos 40.000.000 equivalen a 6.640.000.000 de las antiguas pesetas. Solo falta la "medallita Castelao" o la de Galicia y ya nos "quemamos a lo bonzo". ¡¡Menudo servicio a Galicia nos prestaron algunos!!, A muchos por "querer vivir por encima de nuestras posibilidades" (frase muy de banqueros) nos embargan la casa y las escualidas nominas. Deberiamos blindarnos ante estos delincuentes de guante blanco.

1 Robaleira

Lo peor es la censura que imponen algunos medios "libres" de prensa,ante opiniones criticas (como no podian ser de otra manera) centradas contra estos VIP (very impresentables peopel)o VCD (very cara duras), y me refiero directamente a un medio de prensa escrito compostelano que no quiero citar (!"estoy haciendo todo lo necesario para no citar al Correo Gallego"¡).

1 CriseQueCrise?

Da valoracion total de NCG que son 181 millóns, levanse 40 millóns os 4 ghatos que mandaban, ou sexa o 22%. Bueno todos estamos en crise, pero úns mais que outros.....