O BNG, confiado en volver ao Congreso

A portavoz nacional, Ana Pontón, fala de "tendencia á alza" do seu partido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou "a tendencia á alza" do seu partido, polo que espera que nas próximas eleccións xerais do 28 de abril Galicia "recuperará a súa voz propia" no Congreso dos Deputados.

Rolda de prensa do BNG
Rolda de prensa do BNG | Fonte: Europa Press

Pontón asegurou que estes comicios son "unha oportunidade para acabar coa irrelevancia política á que conduciron a Galicia as forzas estatais".

Segundo a portavoz nacionalista, nesta lexislatura Galicia "primeiro estivo discriminada polo Goberno de Mariano Rajoy" e despois, o cambio de Executivo significou "unha alternancia na discriminación".

"Imos ir a un escenario sen maiorías absolutas e iso dános a posibilidade de utilizar o voto dos galegos para ter unha voz propia que defenda os nosos intereses", indicou.

Preguntada sobre como afectaría unha hipotética ruptura de En Marea aos resultados do BNG, Pontón preferiu "non adiantar escenarios" polo que indicou que "hai que esperar a ver cal é o escenario definitivo".

"Hai moitos galegos que botaron en falla a voz firme en defensa dos intereses de Galicia no Congreso, a seriedade e o rigor", destacou Pontón, quen engadiu que "esta tendencia á alza" do BNG "notarase nas eleccións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Para ir ao Congreso non van ir da man de Oriol Junqueras ou xa saben coller o Alvia que pasa por Angrois para achegarse a Madrid...? Canta leria para pouco escano...! Poderían aceptar a proposta de Villares de facer unha Coalición para o Senado !!! Sería divertido polo menos poderíamos poñer cruces na papeleta sepia !!!

1 SPamPololos

Nin sei para que falas en plural, narciso.